O Chaniño
Nas redes
  • Novas
  • Chano
    • Filmes
  • Lecturas
    • Terra de letras
    • Club de lectura
  • Coeducación
    • Aulas de igualdade
    • Estereotipos
    • Publicidade
    • Acoso
    • Violencia
  • Dereitos
    • Declaración Universal dos Dereitos das Persoas
  • Sexualidades
    • A sexuación >
      • Homofobia e transfobia
    • A sexualidade >
      • Clítoris
    • Desexos e prácticas sexuais
    • Prevencións >
      • Embarazos
      • Enfermidades
    • Dereitos sexuais
    • Mitos, leas, dúbidas e erros frecuentes
  • Actividades
    • A boa etapa
    • Chez Chano
    • Flor de toxo
    • Trasteando
    • Proxectos >
      • Brasil >
        • Emigración
    • Patrinomio >
      • Forcarei >
        • Aciveiro (Santa María)
        • Dúas Igrexas (Santa María)
        • Castrelo (Santa Mariña)
        • Forcarei (San Martiño)
        • Meavía (San Xoán)
        • A Madanela de Montes (Santa María Madanela)
        • Millarada (San Amedio)
        • Pardesoa (Santiago)
        • Pereira (San Bartolomeu)
        • Quintillán (San Pedro)
        • San Miguel de Presqueiras (San Miguel)
        • Santa Mariña de Presqueiras (Santa Mariña)
        • Ventoxo (San Nicolao)
      • Beariz >
        • Beariz (Santa María)
        • Lebozán (Santa Cruz)
        • Xirazga (San Salvador)​
      • Cerdedo >
        • Castro (Santa Baia)
        • Cerdedo (San Xoán)
        • Figueiroa (San Martiño)
        • Folgoso (Santa María)
        • Parada (San Pedro)
        • Pedre (Santo Estevo)
        • Quireza (San Tomé)
        • Tomonde (Santa María)
  • Galerías
    • Fotos >
      • Curso 2013/14
      • Curso 2014/15
      • Curso 2015/16
      • Curso 2016/17
      • Curso 2017-18
      • Curso 2018-19
    • Vídeos

Concurso de cartas de desamor

2/7/2019

0 Comentários

 

Como facer que un bo recordo se convirta nunha oportunidade para forxar unha grande amizade

Imagem
Lembrando a tradición tan nosa da Candeloria e o casamento dos paxaros quixemos, máis un ano, traballar neste marco as relacións persoais e a necesidade de enfrontalos do xeito máis san e racional posíbel para o ben das persoas afectadas. O amor, que é o sentimento máis positivo que posúe o ser humano, mais tamén pode ser causa de dor e de conflitos se non se traballa e administra axeitadamente de maneira construtiva. 
Participa coa túa carta. Prazo de entrega até o 24 de febreiro no correo: biblioteca@ieschp.com
Valorarase a orixinalidade do contido e os valores que difundan a favor dunha relación sa e igualitaria.
0 Comentários

Castelao e a necesidade de coñecer e valorar o noso patrimonio

1/24/2019

0 Comentários

 
Imagem
Con motivo da visita do cadro “A Derradeira lección do mestre”, unha das pezas máis representativas da nosa cultura e significativas da nosa historia, o IES Chano Piñeiro está a desenvolver unha serie de actividades sobre o seu autor, Castelao, que rematarán coa visita a exposición que con este motivo de mostrar esta obra ten lugar na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela e que terá lugar o vindeiro xoves 31 de xaneiro.

Temos levado a cabo xa durante este mes o roteiro Castelao por Pontevedra a visita ao Museo Provincial o día 16, a exposición na biblioteca dos albumes de guerra e a exposición nos corredores dos paneis “Castelao en Terra de Montes” realizada pola Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo.

A visita a Santiago de Compostela terá ademais un claro carácter de sensibilización e coñecemento sobre o noso rico patrimonio, na que compre sinalar a visita guiada ao Pórtico da Gloria recentemente restaurado. É unha oportunidade histórica que proporcionamos ao alumnado do noso IES e que agardamos sexa do agrado de toda a comunidade educativa.
Haz clic aquí para editar.

Roteiro Castelao por Pontevedra

Exposición Albumes de Guerra de Castelao

Castelao de Terra de Montes

0 Comentários

Calendario 2019: Para saber máis de nós

12/23/2018

0 Comentários

 

Os nomes de Terra de Montes: Cerdedo

Máis un ano  calendario Nomes de Terra de Montes. Esta volta é a quenda de Cerdedo. Os seus nomes e tamén os seus bens, para lembrar día a día toda a beleza e riqueza patrimonial que posuímos na nosa Terra. Felix ano 2019.
0 Comentários

Decembro dos dereitos humanos, no 70 aniversario da Declaración Universal

12/22/2018

0 Comentários

 

Exposición sobre galegas e galegos nos campos de exterminio nazis

Conferencia de Heladio Fernández sobre Mauthausen

Imagem
Imagem
Hai 70 anos, un 10 de decembro, proclamábase a Declaración Universal dos Dereitos Humanos na ONU. Con ese motivo fixemos unha serie de actividades de concienciación das consecuencias da vulneración dos Dereitos Humanos coa lembranza do que significou os campos de exterminio. Algo por moi alleo que nos poida parecer, compre recordar que veciños da nosa comarca como Martiñó Ferreiro remataron a súa vida en Mauthausen-Gusen.
No IES expuxemos nunha primeira escaleira, unha reprodución da escaleira da morte do campo de Mauthausen na que máis de 7000 persoas do Estado Español estiveron. Na segunda escaleira, a escaleira da vida erguémonos sobre esta terríbel situación para elevarnos a través dos 30 artigos dos dereitos humanos até a dignidade.

0 Comentários

A escritora Montse Fajardo, autora de "Invisibles". no IES Chano Piñeiro, con motivo do 25-N, Día internacional pola erradicación da violencia machista

11/24/2018

0 Comentários

 
A escritora Montse Fajardo estivo o día 20 pola mañán no noso centro realizando diversos actos sobre o seu libro. Unha entrevista coas lectoras do Club de Lectura e unha presentación para o alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato. No vídeo podemos ver parte da entrevista do Club de Lectura do IES Chano Piñeiro con Montse Fajardo sobre o seu libro "Invisibles", Xuntanza inserida dentro das actividades polo 25-N pola erradicación da violencia machista. Campaña "Racha o silencio!". Cristina Soto Míguez, Ainara Álvarez Reboredo, Aya Aqid Raddad, Candela Álvarez Abilleira, Inés Álvarez Abilleira, Rocío Canabal Pazos, Lucía Cortizo Fernández
0 Comentários

"Racha o silencio!": Campaña polo 25 de novembro para a erradición da violencia machista

11/24/2018

0 Comentários

 
Imagem
A violencia contra as mulleres non vai contar co noso silencio cómplice. Con esta campaña queremos comprometer a toda a comunidade educativa contra o machismo asasino. Por iso, nesta semana da loita internacional contra a violencia de xénero, o alumnado do IES participou en diversas actividades como poemas, carteis, charlas, vídeos, etc... promovidas polos departamentos, a EDLG, o club de lectura, a biblioteca, etc... para tomar conciencia deste problema tan grave.
Desde o IES, mesmo editouse unha pulseira co lema da campaña que se repartiu gratuitamente entre todas e todos.

Actividades 25-N

0 Comentários

O IES Chano Piñeiro gaña o 2º Premio a educación en valores da Deputación de Pontevedra

11/21/2018

0 Comentários

 
Imagem
O alumnado de 1º e 2º curso de Bacharelato do IES Chano Piñeiro recibiu o segundo premio, dotado con 1.000 euros, grazas ao proxecto “Igualdade no Chano Piñeiro”, unha iniciativa que traballa con valores moi importantes como a detección dos micromachismos ou as referencias que tanto mulleres coma homes perciben. O xurado valorou a claridade dun proxecto innovador, no que se utilizaron os recursos audiovisuais para a transmisión de ditos valores. 
Nestes segundos Premios Provinciais á Xuventude, presentáronse 68 candidaturas nas sete categorías: fotografía orixinal, traballo literario, traballo musical, educación en valores, blogs, iniciativa empresarial e iniciativa social. As obras que se presentaron proveñen de mozas e mozos cunha media de idade de 27 anos e procedentes de 23 concellos da provincia. 
Imagem
Imagem
0 Comentários

Xornada de magosto e xogos populares e tradicionais no IES Chano Piñeiro

11/13/2018

0 Comentários

 
Castañas
Xornada de convivencia e de conmemorar unha das nosas tradicións populares máis arraigada, con xogos tradicionais e populares no que toda a comunidade educativa se implicou.
0 Comentários

Arte nas paredes do IES grazas a colaboración de todas e todos

11/11/2018

0 Comentários

 
Realización do mural proposto e coa colaboración do alumnado de 1º de bacharelato e deseñado pola artista Noemi Núñez dentro do programa DEPURUARTE da Deputación de Pontevedra.
0 Comentários

Acto de animación á lectura con motivo do Samaín

11/11/2018

0 Comentários

 
O Clube de Lectura do IES Chano Piñeiro Aproveitou a conmemoración do Samaín no CEIP “Nosa Señora das Dores” para levar a cabo un acto de animación á lectura usando o texto do escritor cerdedense Calros Solla que achega moitas das lendas da nosa comarca: “Almanaque de encantos”.
​Recollemos nun vídeo esa experiencia:
0 Comentários
<<Anterior
    Imagen
    Imagem

    Eu son Chaniño

    Biblioteca do IES Chano Piñeiro de Terra de Montes.

    Feed RSS

    Arquivos

    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018
    Janeiro 2018
    Dezembro 2017
    Novembro 2017
    Outubro 2017
    Junho 2017
    Maio 2017
    Abril 2017
    Março 2017
    Fevereiro 2017
    Janeiro 2017
    Dezembro 2016
    Novembro 2016
    Outubro 2016
    Setembro 2016
    Junho 2016
    Maio 2016
    Abril 2016
    Março 2016
    Fevereiro 2016
    Janeiro 2016
    Dezembro 2015
    Novembro 2015
    Outubro 2015
    Junho 2015
    Maio 2015
    Fevereiro 2015
    Novembro 2014
    Outubro 2014

    Categories

    Todos
    Actividades
    Conmemoracións

     Imagem

    Proxecto Brasil

     Imagem
    Imagem
Imagem
IES Chano Piñeiro
Imagem
Web da Equipa de Normalización Lingüística do IES Chano Piñeiro