Jim Hawkins e o seu antagonista John Silver o Longo son personaxes míticos da literatura de aventuras e piratas. "A illa do tesouro" ten todo o que se espera dunha novela deste xénero: tesouros agochados, motíns, tabernas, mar, pólvora e ron. Ademais, as reflexións do protagonista, Jim Hawkins, achegan á novela un ton crítico e unha reflexión moral sobre o poder do diñeiro, a lealdade e a ambición. |
0 Comentários
Concurso "Quen escribiu que?" [23-32] Campaña de animación a lectura do grupo de biblioteca en colaboración coa EDLG e o club de lectura do do IES Chano Piñeiro para conmemorar abril, o mes dos libros. Puxemos cara a 32 clásicos da literatura universal, quixemos coñecer á persoa que está detrás e dentro deses libros e difundir a idea de que os clásicos están vivos nesta actividade baixo os cancelos: #CaraACaraCosClasicos #OsClasicosSonInmortais #HaiVidaNosLibros #23DeAbrilDiaDoLibro #AbrilMesDoLiibros #AbrilDosLibros.
Máis un ano o calendario de patrimonio de Terra de Montes. Desta volta dedicada ao patrimonio inmaterial, ás lendas desta comarca. Escollemos unha de cada tipo (fontes, castros, pozos, lagoas, etc...) e para máis abondamento seguimos a recoller de xeito mais extenso na nosa web á que podes acceder desde o código qr que aparece na publicación ou nesta ligazón. Agracemos ao profesorado e alumnado que colaborou neste proxecto e mesmo de fóra do centro que colaboraron informando ou guiándonos para atopar algunha das xoias da nosa rica tradición oral como nomeadamente subliñamos ao escritor Carlos Solla, quen xunto con outras fontes forneceron achegas para a elaboración deste calendario. O coñecido catedrático de Electromagnetismo no departamento de Física Aplicada da Universidad de Santiago de Compostela, Jorge Mira, impartirá unha charla no IES Chano Piñeiro de Forcarei o 3 de decembro, co título ‘A que altura está o ceo?’
Esta actividade enmárcase dentro do I Ciclo de Conferencias Científicas Aida Fernández Ríos que organiza a Deputación de Pontevedra en colaboración coa Real Academia Galega de Ciencias. Poesía contra as violencias machistas Nasín cando as plantas nasen O día 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, coincidindo coa data do aniversario do seu nacemento, acontecido en 1837. Nesta ocasión , polo tanto, conmemoramos os seus 183 anos. Rosalía de Castro é, como sabemos, a escritora que inaugura a nosa literatura contemporánea, despois dun longo silencio de 300 anos, os chamados Séculos Escuros. Cando decide publicar a súa primeira obra en galego, Cantares gallegos, en 1863, é consciente de que está iniciando un novo camiño e de que se enfronta á incomprensión e á crítica; pero faille fronte a isto con valentía e decisión. Son varios os obxectivos que a levan a publicar as súas obras:
Mais he aqui que o mais triste nesta cuestión é á falsidade con que fóra de aquí pintan así aos fillos de Galicia como a Galicia mesma, a quen xeralmente xulgan o máis desprezable e feo de España, cando acaso sexa o máis fermoso e digno de alabanza. [...] Búrlanse desta Galicia competidora en clima e galanura cos países máis encantadores da terra, esta Galicia onde todo é espontáneo na natureza e onde a man do home cede o seu posto á man de Deus. Lagos, cascadas, torrentes, veigas floridas, vales, montañas, ceos azuis e serenos [...] non hai pluma que poida enumerar tanto encanto reunido. A terra cuberta en todas as estacións de herbiñas e de flores, os montes cheos de pinos, de robres e salgueiros, os lixeiros ventos que pasan, as fontes e os torrentes derramándose fervedores e cristalinos, verán e inverno, xa polos risoños campos, xa en profundas e sombrizas ondanadas... Galicia é sempre un xardín onde se respiran aromas puros, frescura e poesía... E á pesar disto chega a tanto a fatuidade dos ignorantes, a tanto a indigna preocupación que contra a nosa terra existe, que aínda os mesmos que puideron contemplar tanta fermosura [...] atrevéronse a dicir que Galicia era... un cortello inmundo!!... Rosalía foi unha pioneira en moitos aspectos, como o feminismo ou a reivindicación da lingua. Pero tamén o foi no ecoloxismo, é dicir, o movemento que defende a conservación da natureza. Ela denunciou en varias ocasións agresións que sufriron os ecosistemas do noso país; en concreto, é moi relevante un poema do ano 1882, en que denunciou a tala dos carballos do bosque de Conxo por mandato do arcebispo de Santiago, para vender a madeira e a leña. Este ano, na nosa conmemoración, queremos centrarnos neste aspecto da súa obra e o noso proxecto é ter elaborado, para final de curso, un herbario rosaliano, coa axuda do Departamento de Bioloxía. Hoxe falaremos das herbas de San Xoán, que Rosalía menciona, e leremos varios textos en que se fala de herbas, plantas ou árbores. Agradecemos tamén a colaboración do Departamento de Debuxo, pola exposición sobre plantas rosalianas. Máis ben somos nós os que temos o dereito a vivir en galego, a expresármonos na nosa lingua en todos os ámbitos da vida. E unha parte moi importante deste dereito é o de empregar os nosos apelidos nas súas formas orixinais, correctas e libres de deturpacións. Do mesmo xeito que moitos topónimos se foron castelanizando á forza, moitos apelidos galegos tamén foron acastrapados e deturpados. Cando comezou a deturpación dos apelidos galegos? A desgaleguización dos apelidos comezou a partir da creación dos Rexistros Civís a comezos do século XIX (o primeiro Rexistro é de 1841, só para poboacións grandes; o actual comezou as súas anotacións en 1871). O castelán foi imposto polo Estado Español como única lingua oficial e, polo tanto, a única empregada na documentación escrita. Os escribáns e notarios transformaron ao seu antollo os nosos apelidos para “adaptalos” á lingua oficial. Como vemos, trátase dun proceso relativamente recente. Aínda na actualidade hai moitas persoas cun apelido castelanizado que son coñecidas no seu lugar de orixe pola forma orixinal: persoas apelidadas Soto ou Otero cuxas familias aínda son hoxe coñecidas polos Soutos de tal sitio ou os Outeiros de tal outro. Por que os nosos topónimos están regularizados e os apelidos non? En canto aos topónimos, foron regularizados e devoltos ás súas formas correctas a partir do ano 1983, coa Lei de Normalización Lingüística, que estableceu que as únicas formas oficiais dos topónimos galegos son as formas autóctonas galegas. É dicir, xa case non hai formas deturpadas na toponimia, pero segue a habelas nos apelidos, que derivan en moitos casos de nomes de lugar. Por exemplo, no concello de Forcarei, na parroquia de Aciveiro, existe un lugar chamado Vilaverde; no entanto, non existe nin unha soa persoa apelidada así neste concello, fronte aos 301 que levan o apelido Villaverde. É posíbel volver os nosos apelidos castelanizados á súa forma orixinal? A lexislación actual permítenos recuperar as formas auténticas e autóctonas dos nosos apelidos (e tamén dos nomes). A Lei 40/1999 do 5 de novembro (BOE 266, 6/11/1999) autoriza a "regularizalos ortograficamente cando a forma inscrita no Rexistro non se adecúe á gramática e fonética da lingua española correspondente". Por que hai persoas que se resisten a corrixir o seu apelido castelanizado? Hai persoas que se resisten a restaurar a forma correcta do seu apelido, e isto soe acontecer por dúas razóns:
Como galeguizar o teu nome e apelidos (cando sexas maior de idade)
Toda a tramitación é de balde. 10 de decembro. Día internacional dos dereitos humanosBicos contra o odioDesde o departamento de Educación Plástica e Visual fíxose unha intervención na que participou o alumnado deseñando carteis para visibilizar a diversidade dos afectos a través dunha mostra variada de bicos nos que amosamos o noso amor ao amor, e noso odio ao odio, a favor unha sociedade inclusiva e sen discriminacións. Sobre o papel, na lexislación do nos Estado, avanzouse moito, pero na sociedade todos os días atopamos novas de agresións ou condutas discriminatorias cara as persoas LGTBI. O cal indica o moito que nos queda aínda por facer para lograr a igualdade no noso país. Por un mundo no que caibamos todas e todos Dereitos por conquistar
As paredes do IES Chano Piñeiro lembran a mirada das vítimas e recordan que non debemos apartar nós a mirada desta lacra que debemos erradicar Estíbaliz Espinosa uniu este luns en Forcarei música, poesía e feminismo a través do programa da Deputación de Pontevedra "Mulleres en acción. Violencia zero" A escritora e música Estíbaliz Espinosa foi a protagonista da vixésimo segunda acción desta cuarta edición de "Mulleres en acción. Violencia zero", programa organizado pola Deputación de Pontevedra, que tivo lugar este luns en Forcarei, ás 12.35.horas. A acción artística 7 constelacións que xa non son invisibles de Estíbaliz Espinosa combinou poesía e música a través da astronomía, buscando a constelación que une ciencia, poesía e muller. Estíbaliz Espinosa é unha artista que escribe poemas e ensaios baixo a aurora da ciencia, nomeadamente a astronomía. Ten publicados 7 libros de poemas, entre eles, Curiosidade (Aira Editorial), As neuronas irmás (Arte de Trobar), Zoomm. Textos biónicos (Xerais), Papel a punto de (El Gaviero). |
Eu son ChaniñoBiblioteca do IES Chano Piñeiro de Terra de Montes. Categories
Todos
Proxecto Brasil
|