A sexualidade humana

A Sexualidade sería o modo de vivirse, verse e sentirse como persoa sexuada (calidade), o modo ou modos con que cada cal vive, asume, potencia e cultiva ou pode cultivar o feito de ser sexuado. Sería unha categoría subxectiva na que a referencia son “as vivencias”, o que cada cal sente. Cada persoa vivirá a súa sexualidade de xeito distinto (dúas persoas que fagan o mesmo sentirán cousas diferentes) e a súa sexualidade estará en continua evolución; existe en todas as etapas da vida e expresarase de múltiples formas e cara a moitas finalidades, dependendo dos momentos vitais en que nos atopemos e de todo aquilo ao que lle deamos máis ou menos importancia. Porque na sexualidade podemos definir tres dimensións diferentes: a dimensión relacional, a recreativa e a reprodutiva; dimensións ou finalidades intimamente relacionadas pero tamén diferenciables.
1. Todo o corpo é sexual, algúns órganos son xenitais
Tendemos a reducir a sexualidade ao que se fai cos xenitais. Mais, salvo para a dimensión reprodutiva, para as demais non son imprescindíbeis para desfrutar da sexualidade pois todo o corpo é susceptíbel de obter pracer e por todos os sentidos se é quen de gozar de sensacións agradábeis. Se ben é certo que hai unhas zonas do corpo que son mais sensíbeis ao estimulalas do xeito adecuado para proporcionar pracer. Non son iguais en homes e mulleres, mais tampouco son exactamente as mesmas en todos e cada un de nós, polo que por moito que haxa unhas que maioritariamente se sinalan como as fundamentais, isto non lle serve de consolo a quen non as sinta así.
En xeral pódese dicir que algunhas partes do corpo son especialmente sensibles para case todas as persoas. Estas zonas son: Zonas da cara coma as pálpebras ou os beizos. As orellas. O pescozo. Os ombreiros. A parte superior e a liña central do lombo. Os seos -especialmente as mamilas- e o espazo entre eles. A cintura. A zona do embigo e a liña alba. As éngoas. A zona púbica e xenital.
De todos modos, en xeral existen certas diferencias entre as zonas eróxenas dos homes e as das mulleres, que son en parte o resultado de diferenzas anatómicas. Logo hai unhas zonas que poden ser características a cada un dos sexos.
1. A pel
Adoita ser considerada como un órgano. Trátase dunha capa que recobre a parte exterior de todo o corpo, para protexelo, pero tamén para facilitar a relación do noso corpo co medio que nos rodea e con outras persoas.
A pel e as mucosas están cheas de terminacións nerviosas sensitivas. Hai millóns e millóns de terminacións deste tipo, que reciben o contacto dos elementos do medio exterior (aire, auga, obxectos, outros seres vivos...) e conducen os estímulos que supón este contacto ata o cerebro... é o sentido do tacto, que nos permite relacionarnos con todo aquilo que tocamos ou que nos toca, e experimentar as sensacións que isto produce.
As sensacións táctiles infórmannos sobre a temperatura, humidade, presión e textura das cousas, e poden ser agradables ou desagradables. Pois ben, cando ti mesma ou alguén que a ti che apeteza che fai caricias, ou masaxes, ou che dá lambetadas, ou bicos, prodúcese unha sensación moi pracenteira e, se o fai en determinadas zonas da pel, ou nalgunhas das mucosas (vaxina, clítoris e, ás veces, ano) pódeche producir unha certa excitación, que te leva a querer máis e máis estimulación... até podes ter un orgasmo...
Por iso podemos considerar a pel coma un órgano que intervén no exercicio da sexualidade.
2. O aparato xenital da muller
Está formado por unha serie de órganos aloxados no interior do corpo (parte baixa do abdome) e outros situados no exterior, concretamente na zona comprendida entre ambas as dúas coxas. Polo tanto, falaremos de xenitais internos e xenitais externos, respectivamente.
2.- Actuar como lubricante nas relacións coitais, facilitando a entrada e os movementos do pene.
3.- O coito, que consiste na introdución do pene e os movementos deste no seu interior.
4.- A vía de saída do fluxo menstrual (regra).
5.- O último tramo da canle do parto, para a saída do feto ao exterior.
Neste proceso de maduración suceden varias cousas á vez. Por un lado, o oocito primario comeza o seu proceso de preparación para poder ser fecundado, dividíndose a través dunha meiose, para quedar coma unha célula de 23 cromosomas (en lugar de 23 pares), o cal lle permite unirse co espermatozoide do home (que tamén ten 23 cromosomas), para formar unha célula de 23 pares, como todas as da especie humana.
Por outro lado, as células que forman a cuberta ou parede do folículo comezan a dividirse, dispoñéndose en dúas capas superpostas: a capa externa (teca externa) e a capa interna (teca interna), e as células da teca interna comezan a fabricar unha hormona da familia dos estróxenos, que se vai acumulando no líquido folicular o cal, loxicamente, aumenta de volume. Temos, pouco a pouco, un folículo cada vez máis grande, cun oocito en proceso de maduración e con cantidade de estróxenos acumulados.
Este proceso, que dura arredor de dúas semanas (aínda que pode haber grandes variacións sempre en condicións normais), remata cando a maduración do folículo primario está completa, dando lugar a un folículo maduro ou folículo de Graff. Neste momento, a parede celular rebenta e o oocito maduro (óvulo) queda liberado, sendo sucionado pola trompa de Falopio, que o empurra cara ao seu interior grazas a unhas velosidades que hai na súa parede, que se moven como se barresen. O óvulo é útil para ser fecundado durante aproximadamente tres días, a partir da súa liberación no ovario. Se neste tempo non sucede a fecundación, xa non vale e é desbotado polo organismo.
Pola súa vez, o líquido folicular cheo de estróxenos, absórveno os capilares, pasando a incorporarse ao sangue, o que fai que aumente moito a concentración de estróxenos nela. Desta maneira, as hormonas chegan aos lugares onde realizan as súas funcións, que son as seguintes:
Pola súa vez, a proxesterona que hai no sangue comeza a facer os seus efectos:
Están envoltos polas chamadas bolsas escrotais, separados entre si por un tabique interescrotal (formado polo mesmo tecido cá bolsa) e cubertos pola pel do escroto, que é grosa e lixeiramente engurrada.
Se cortamos un testículo pola metade, de arriba abaixo, podemos observar que no seu interior hai diversos elementos.
Unha capa máis externa, chamada túnica albuxínea, que é febrosa e que constitúe unha especie de codia protectora. Esta capa emite prolongacións cara ao interior, que dividen o testículo en compartimentos, agás pola parte de atrás.
Dentro de cada un destes compartimentos están os túbulos seminíferos, que son uns tubiños estreitiños e, tan longos, que teñen que estar pregados para colleren dentro da cavidade. Isto dálle un aspecto semellante ao dun ovelo.
Se collemos un destes túbulos e o cortamos transversalmente, podemos observar, en primeiro lugar, que esta sección é redonda, e está lixeiramente deformada por un lado. Podemos ver tamén que o túbulo está formado por unha parede delgadiña e que o seu interior está "recheo" por gran cantidade de células:
* Por un lado, hai moitísimos espermatozoides en distintos estadios de maduración: espermatogonias, espermatocitos primarios, espermatocitos secundarios, espermátides, espermatozoos e espermatozoides, que se atopan xa na parte máis interna do túbulo, preparados para saír.
* Por outro lado, as células de Sertoli, que teñen a función de proporcionar nutrición aos espermatozoides e aos seus precursores.
* Por último, están as chamadas células intersticiais, que se aloxan nesa pequena "deformación" da parede do túbulo da que falábamos anteriormente. Estas células son as que fabrican testosterona (hormona sexual masculina), estimuladas pola FSH da hipófise.
Os espermatozoides son as células que fecundan os óvulos, dando lugar a un embarazo. Igual que os óvulos, contan con 23 cromosomas, en lugar de 23 pares, que teñen o resto das células da especie humana. Proceden da maduración das espermátides, que se van dividindo por meioses para reducir os cromosomas. Son células móbiles, que se desprazan polo interior dos túbulos e condutos e que, logo dun coito, ascenden polo útero arriba e introdúcense polas trompas de Falopio. Teñen una forma alargada e constan de cabeza (parte voluminosa), colo (estreitamento que segue á cabeza) e cola (flaxelo que lles proporciona mobilidade). Durante o tempo que permanecen no interior dos túbulos seminíferos están suxeitos ás células de Sertoli, que lles proporcionan nutrición para rematar o seu período de crecemento e maduración.
A súa función xenital é a penetración na vaxina e o vertido do seme no seu interior. A súa función urinaria é a eliminación dos ouriños... e a súa función sexual é a obtención de pracer por diversos tipos de estimulación...
Visto por fóra, o pene é unha estrutura cilíndrica e branda, cuberta por pel grosa e rugosa, que forma un fondo pregamento no seu extremo (o prepucio), que cubre totalmente unha zona máis avultada có resto, con forma de pirámide, chamada glande.
O seu interior está formado por dous corpos cavernosos, situados na parte de diante e un corpo esponxoso, situado na parte de atrás, polo interior do cal discorre o último tramo da uretra.
Os corpos cavernosos están formados por tecido eréctil (que tamén existe no corpo esponxoso), constituído por unha serie de cavernas rodeadas por unha parede de tecido conectivo. Durante a erección (provocada pola acción de nervios involuntarios), estas cavernas énchense de sangue, as válvulas pechan, impedindo o refluxo e, por este motivo, o pene aumenta de lonxitude e de volume e faise moito máis consistente. O prepucio estira completamente, así coma o resto da pel do pene, deixando o glande ao aire. Todo isto ten por obxecto que poida entrar na vaxina sen dificultade.
Rematado o estímulo que provocou a erección, o cal adoita suceder despois da exaculación (tamén provocada por estímulos nerviosos involuntarios), as válvulas ábrense, os corpos cavernosos e os esponxosos baléiranse de sangue e o pene volve a adoptar o seu tamaño e consistencia habituais.
A erección prodúcese por unha serie de estímulos directos sobre o pene ou outras partes do corpo (zonas eróxenas), a través de tocamentos, caricias, masaxes ou lambetadas, pero tamén se pode producir por estimulación indirecta (unha imaxe, un recordo, un soño...). Cando isto se produce durante o soño, cousa bastante habitual por outra parte, pode chegar a haber unha exaculación (polución nocturna), sen que o home se decate, ou sen lembrar nada cando esperta.
2. Cambios corporais
Na adolescencia especialmente prodúcense unha serie de cambios corporais e xorden elementos novos que fan que que isto sofre se sinta na incerteza e no desasosego. O caso é que estes cambios teñen distintos ritmos, intensidades, duración, etc... e fai que os que se queden “atrás” se vexan aterrados pola posibilidade de que o seu corpo non madure. É importante coñecer cales van ser eses cambios, pero sobre todo estar convencidos de que ao final o resultado vai ser un corpo preparado para o pracer e as relacións sexuais e que para iso non hai uns mellor preparados que outros.
As diferenzas no aspecto físico entre mozos e mozas fanse máis evidentes na puberdade. Desenvólvense os caracteres sexuais secundarios. Algúns destes cambios son:
3. A orientación sexual
Consiste na tendencia ou preferencia sexual de cada quen e, en xeral, vén fixado polo feito de que se estea atraído por persoas do mesmo sexo (homosexualidade), de diferente sexo (heterosexualidade) de ambos os dous (bisexualidade), ou de ningún (asexualidade). En calquera caso, se na identidade sexual ou de xénero o que a define é o corpo que un quixera ter ou como un se sente, neste caso é pola atracción ou desexo que se ten á respecto dos demais. En calquera caso, polo feito de que haxa uns gustos maioritarios e, sobre todo, fixados como norma e ben vistos , mentres que outros quedan relegados á condena social, temos unha serie de prexuízos a este respecto que compre revisar.
Todas as orientacións sexuais teñen como obxectivo a felicidade e gustarían de ser aceptados tal como son. A infelicidade non é causada pola orientación senón provocada pola falla de aceptación dos demais por ter unha orientación que non é a que se corresponde coa dominante. Se hai unha porcentaxe significativa de suicidios entre persoas homosexuais non é pola homosexualidade senón polo rexeitamento social.
A homosexualidade tanto se refire a homes como a mulleres (lesbianismo). E non é unha enfermidade, non só porque así o certificou a OMS, senón porque ninguén logrou presentar ningún trastorno inherente máis alá dos inducidos desde fóra. A homosexualidade non é un problema senón que a convertemos nós en tal. As mulleres e homes homosexuais non queren deixar de ser tales, e o único que os diferencian a respecto dos heterosexuais é o obxecto de desexo. Polo demais, as relacións sexuais son iguais e poden ser tan completas como as “hetero”.
É falso que non poidan poñer freo aos seus desexos, e que estean atraídos por todos os do outro sexo, e xa que logo sexan unha ameaza permanente para os que non teñen a súa orientación. A atracción é selectiva tanto como nos “hetero”, e ambos os dous perseguen o mesmo: ser correspondidos. O acoso non é unha característica propia da homosexualidade. E moito menos a homosexualidade é contaxiosa, e xa que logo compre preservar dese ambiente a quen queiramos adestrar na preferencia aplaudida socialmente.
O heterosexismo tendese a reducir a homosexualidade á relación física mentres que na heterosexualidade se acepta a gradación de afectos desde o cariño até o namoramento, de tal xeito que se percibe diferente o que é exactamente igual.
A homosexualidade non está asociada a certas profesións (artistas), clases sociais (os que teñen diñeiro), nin a un determinado entorno (urbano). Se é neses ámbitos nos que se coñecen máis casos é ben porque neles hai maior consentimento pois se reduce ao extravagante no que non se ve ameazada a norma, polo maior anonimato no que se vive nas cidades a coacción sobre o individuo é menor ou simplemente, porque a un famoso, isto é, rico e poderoso a xente tende a criticar menos, e en calquera caso, esa crítica pouco lle afecta e prexudica a diferenza das persoas que están nunha situación económica máis precaria e que non poden permitirse o luxo a ser despedido dun traballo ou non ser contratado.
Tampouco é unha moda produto dunha maior permisibilidade senón que é neste contexto no que se fai máis visíbel. Con todo, esa visibilización e “exhibición” tamén sitúa o feito dentro do excepcional (non se fai público que alguén é heterosexual) e lonxe do cotiá.
Como saber que un ou os demais son homosexuais?. Ninguén debe estar obrigado a declarar a súa orientación sexual e cada ten dereito a facelo segundo considere oportuno. Os demais deben respectar e aceptar esta, sexa cal sexa. Mais o certo é que inconscientemente damos por suposto unha sexualidade maioritaria e fixamos como expectativa que cada quen se corresponda coa dominante de xeito que xa estamos violentando a libre expresión e aceptación daquelas orientacións menos numerosas. Entre nós hai homosexuais e presupoñer que non é así xa representa un obstáculo para quen queira amosarse como é porque tería que facelo a contracorrente.
Como saber no comezo do noso despertar sexual cal é a nosa orientación?. Até que punto non nos autoreprimirmos para que non nos repriman desde fóra?. En calquera idade é posíbel que en determinados momentos e contextos ter prácticas sexuais (desde fantasías a xestos) con persoas do mesmo sexo sen necesidade de ser homosexual ou bisexual. Isto na adolescencia, nun momento no que un non tivo experiencia suficiente para contrastar o que sente, pode que leve a que se teñan dúbidas sobre a propia orientación. Hai que dicir que o que son provisionais e pasaxeiras son ditas dúbidas, e non se debe un angustiar por elas pois non tarda un acabar sabendo e recoñecendo cal é o sexo que lle atrae. O problema é cando hai medo a ser homosexual polo feito da marxinación ao que a nosa sociedade aínda castiga aos que teñen esa preferencia. A orientación sexual non se pode cambiar, a sociedade si. E xa mudou moito grazas aos que loitaron contra a homofobia e pode ser unha fermosa causa se un quixera ter unha vida militante. Mais se só quere que o deixen en paz e que respecten a súa intimidade, o importante é que se teña conciencia de que pode descubrir sen medos a súa orientación sexual porque sexa cal sexa, esta será igualmente válida, natural, respectábel e está protexida pola lei. Son os homófobos os que se colocan nunha posición inaceptábel, non espontánea senón inducida polo adoutrinamento ao ser adestrados para responder dese xeito, intolerábel e mesmo ilegal.
- A dimensión relacional: Fai referencia a todo o que a sexualidade posúe de interacción, de comunicación, de encontro, de compartir, de expresión de afectos, sentimentos e emocións.
- A dimensión recreativa: Engloba todo o que a sexualidade ten de gratificante, de pracenteiro, de fantasioso, de ilusión, de recreo, de xogo e diversión.
- A dimensión reprodutiva: Refírese a todos os aspectos da reprodución, a dimensión de ser pais e nais, etcétera.
1. Todo o corpo é sexual, algúns órganos son xenitais
Tendemos a reducir a sexualidade ao que se fai cos xenitais. Mais, salvo para a dimensión reprodutiva, para as demais non son imprescindíbeis para desfrutar da sexualidade pois todo o corpo é susceptíbel de obter pracer e por todos os sentidos se é quen de gozar de sensacións agradábeis. Se ben é certo que hai unhas zonas do corpo que son mais sensíbeis ao estimulalas do xeito adecuado para proporcionar pracer. Non son iguais en homes e mulleres, mais tampouco son exactamente as mesmas en todos e cada un de nós, polo que por moito que haxa unhas que maioritariamente se sinalan como as fundamentais, isto non lle serve de consolo a quen non as sinta así.
En xeral pódese dicir que algunhas partes do corpo son especialmente sensibles para case todas as persoas. Estas zonas son: Zonas da cara coma as pálpebras ou os beizos. As orellas. O pescozo. Os ombreiros. A parte superior e a liña central do lombo. Os seos -especialmente as mamilas- e o espazo entre eles. A cintura. A zona do embigo e a liña alba. As éngoas. A zona púbica e xenital.
De todos modos, en xeral existen certas diferencias entre as zonas eróxenas dos homes e as das mulleres, que son en parte o resultado de diferenzas anatómicas. Logo hai unhas zonas que poden ser características a cada un dos sexos.
- Nas mulleres: Os labios maiores e menores. A vaxina. O clítoris. O perineo. O ano.
- Nos homes: O pene, especialmente o glande. Os testículos. O perineo. O ano. As nádegas. A cara interna das coxas.
1. A pel
Adoita ser considerada como un órgano. Trátase dunha capa que recobre a parte exterior de todo o corpo, para protexelo, pero tamén para facilitar a relación do noso corpo co medio que nos rodea e con outras persoas.
A pel e as mucosas están cheas de terminacións nerviosas sensitivas. Hai millóns e millóns de terminacións deste tipo, que reciben o contacto dos elementos do medio exterior (aire, auga, obxectos, outros seres vivos...) e conducen os estímulos que supón este contacto ata o cerebro... é o sentido do tacto, que nos permite relacionarnos con todo aquilo que tocamos ou que nos toca, e experimentar as sensacións que isto produce.
As sensacións táctiles infórmannos sobre a temperatura, humidade, presión e textura das cousas, e poden ser agradables ou desagradables. Pois ben, cando ti mesma ou alguén que a ti che apeteza che fai caricias, ou masaxes, ou che dá lambetadas, ou bicos, prodúcese unha sensación moi pracenteira e, se o fai en determinadas zonas da pel, ou nalgunhas das mucosas (vaxina, clítoris e, ás veces, ano) pódeche producir unha certa excitación, que te leva a querer máis e máis estimulación... até podes ter un orgasmo...
Por iso podemos considerar a pel coma un órgano que intervén no exercicio da sexualidade.
2. O aparato xenital da muller
Está formado por unha serie de órganos aloxados no interior do corpo (parte baixa do abdome) e outros situados no exterior, concretamente na zona comprendida entre ambas as dúas coxas. Polo tanto, falaremos de xenitais internos e xenitais externos, respectivamente.
- Os xenitais internos: Son os ovarios, as trompas de Falopio, o útero e a vaxina. Están situados na parte baixa do abdome.
- Os ovarios: Son dous órganos aplanados, de forma ovalada, que están situados a ambos os dous lados do abdome. En condicións normais son pequenos e a súa superficie está formada por unha chea de vesiculiñas moi pequenas (aproximadamente dúascentas mil en cada un). Están suxeitos ao útero e a outros puntos do abdome por unha serie de ligamentos, para que se manteñan no seu sitio. Os ovarios maduran e comezan a funcionar como tales a partir da puberdade que, no noso caso, se pode producir en calquera momento a partir dos 11 anos, aínda que tamén se pode adiantar un pouco. De feito, noutros lugares do mundo prodúcese bastante antes, aos 7 ou 8 anos en determinados países. Unha vez que comezan a funcionar, mantéñense activos durante moito tempo, concretamente ata o chamado climaterio (coloquialmente menopausia), que adoita suceder entre os 45 e os 55 anos. Desde ese momento, cesan as súas funcións e vanse atrofiando pouco a pouco. Durante o seu período activo, os ovarios compren dúas funcións: a maduración dos óvulos, que son as células que poden ser fecundadas, dando lugar á xestación dun novo ser humano; e a produción de hormonas (estróxenos e proxesterona).
- As trompas de Falopio: Son dous condutos longos e estreitos, cun dos seus extremos unido ao útero e o outro aberto, situado moi preto do ovario. Este extremo aberto é máis ancho có outro é ten forma de funil. No seu borde hai unhas prolongacións que se chaman fimbrias. A superficie interior das Trompas está recuberta por unha capa de cilios, que son unha especie de velosidades moi finiñas con capacidade para realizar movementos. A función das Trompas de Falopio é a de captar ou succionar o óvulo, e conducilo a través del ata chegar a un punto do seu percorrido onde pode ser fecundado por un espermatozoide. No caso de que o óvulo fose fecundado, aloxan o ovo durante os primeiros días e logo axúdano a percorrer o resto do traxecto ata chegar ao útero, onde se implanta para continuar coa xestación. No caso de que non se produza a dita fecundación varren o óvulo que xa non é útil para ser desbotado.
- O útero: É un órgano que está situado na parte central do aparato xenital interno, coincidindo coa parte central do abdome. Ten forma de pera, coa parte ancha cara arriba e, non habendo xestación, mide aproximadamente 7 ou 8 centímetros de alto, 5 de ancho, na parte superior, e uns 2,5 centímetros de groso. Está fortemente suxeito ás paredes do abdome e á parte interior dos ósos da cadeira por unha serie de ligamentos, para que se manteña no seu sitio sen moverse. Ten tres partes:
- O fondo ou fundus, que é a parte máis ancha e superior. Nos dous extremos do fundus, que se chaman cornos do útero, insírense as trompas de Falopio.
- O corpo, que é a parte máis voluminosa, comeza no remate do fundus e é máis ancho na súa parte superior que na inferior.
- O colo ou cérvix, que é máis estreito e está situado na parte inferior. O seu extremo introdúcese na parte superior da vaxina. Se cortamos o útero ao longo, pola metade, podemos ver que, a pesares de ser oco, case non ten espazo interior, e está formado por tres capas de tecido diferentes:
- Unha capa delgadiña e máis externa, chamada perimetrio, que recubre todo o útero, agás o cérvix, e tamén os ligamentos de suxeición.
- Unha capa grosa, muscular, chamada miometrio, formada por tres capas de músculo superpostas. Esta capa é moi elástica, o que permite que o útero vaia estirando ao longo da xestación.
- Unha capa interna, chamada endometrio, con dúas zonas ben diferenciadas: unha capa máis superficial, que tapiza toda a superficie interna do útero, chamada endometrio funcional, que se desprende ao remate de cada ciclo, dando lugar á menstruación (coloquialmente a regra); outra capa situada inmediatamente por baixo do endometrio funcional, chamada endometrio basal, que é quen de rexerar a funcional cada vez que esta se desprende.
- O oco do interior do útero ten a forma dun triángulo, coa base na parte superior, que ocupa todo o corpo do útero. Pola súa vez, o cérvix está percorrido de arriba cara abaixo por unha especie de canle estreita (canle cervical), cun orificio na parte superior, que comunica co espazo interno do corpo do útero (orificio cervical interno ) e outro na parte inferior, que comunica co interior da vaxina (orificio cervical externo ). Tanto a canle coma ambos os dous orificios están practicamente pechados habitualmente, en primeiro lugar porque son moi estreitos e en segundo lugar porque están recheos por unha especie de tapón de moco (moco cervical).
- O moco cervical constitúe unha barreira que nos protexe contra as infeccións ou a entrada doutros axentes estraños. Pero é importante que saibas que o moco cervical se disolve e os orificios anchean un pouco cando se produce a ovulación, para permitir o ascenso dos espermatozoides e facilitar a fecundación. Tamén desaparece cando se produce a regra e, por suposto, durante o parto, no que se agranda enormemente toda a canle para permitir o paso do feto.
- A función do útero é a xestación, permitindo a implantación do embrión e o seu desenvolvemento e maduración, así coma a súa expulsión ao remate do proceso, grazas ás fortes contraccións do miometrio.
- Vaxina: É un conduto ou canle moi elástico, situado na parte inferior do útero, co cal comunica polo seu extremo superior, e co exterior polo extremo inferior. Esta situada por detrás da uretra e por diante do recto e do ano.A posición da vaxina non é exactamente vertical, senón que se dirixe lixeiramente cara atrás (quere isto dicir que o seu extremo superior está máis recuada có seu extremo inferior). O orificio vaxinal externo, situado entre o orificio da uretra e o ano, está semipechado por unha membrana fina chamada hime (coloquialmente virgo). Esta membrana ten unha ou varias perforacións, que permiten a saída do fluxo menstrual e doutras segregacións vaxinais, e adoita de rachar na primeira relación coital, aínda que pode romper antes disto, ou simplemente estar tan aberta que non racha coa entrada do pene. Por outra parte, na parede da vaxina, especialmente na súa parte inferior e no chamado vestíbulo vaxinal, hai unha serie de glándulas (glándulas de Bartholin, glándulas parauretrais, etc.), que segregan distintos líquidos (fluxo vaxinal), que cumpren dúas funcións:
2.- Actuar como lubricante nas relacións coitais, facilitando a entrada e os movementos do pene.
3.- O coito, que consiste na introdución do pene e os movementos deste no seu interior.
4.- A vía de saída do fluxo menstrual (regra).
5.- O último tramo da canle do parto, para a saída do feto ao exterior.
- Os xenitais externos: Chámanse xenitais externos ao conxunto de elementos do aparato xenital da muller que están situados no exterior do corpo, no espazo comprendido entre ambas as dúas coxas, desde a parte de diante ata a parte de atrás. Esta rexión onde se ubican recibe o nome de vulva. Os elementos anteditos son: O monte de Venus, os labios maiores, os labios menores, o clítoris e o vestíbulo vaxinal.
- O monte de venus: É unha prominencia situada na parte máis baixa da parede do abdome. Está rechea sobre todo de graxa e, a partir da puberdade, cúbrese de pelo que se dá en chamar pelo púbico.
- Os labios menores son dous pregamentos máis pequenos, situados por debaixo dos labios maiores, que cobren a entrada da vaxina. A súa superficie é lisa e húmida e a súa parede delgada, sen nada de graxa. Na parte de diante, o extremo de cada labio divídese en dous: un sitúase por cima do clítoris (porción externa), e o outro por debaixo (porción interna), formando o freíño. Na parte de atrás, os extremos únense, formando o que se chama freíño labial.
- Os labios maiores son dous pregamentos longos que comezan no monte de Venus e diríxense cara atrás. A súa parte externa tamén se cobre de pelo durante a puberdade e a interna, lisa e húmida, e recobre o resto dos xenitais externos. No seu interior hai graxa, algún músculo e moitas glándulas secretoras de sebo.
- O clítoris é un órgano que está situado na parte de diante da vulva, xusto onde comezan os labios menores. En realidade, desde fóra só se aprecia unha especie de pequena boliña, situada xusto entre ambos os dous extremos dos labios menores (glande do clítoris), e prendida por unha especie de pequeno talo (corpo do clítoris), de maneira que esta boliña posúe unha certa mobilidade.
- As glándulas mamarias: As glándulas mamarias están moi vinculadas co aparato xenital na medida en que a súa función é fabricar e segregar leite durante o período de lactancia (varios meses despois de cada parto), e tamén están moi relacionadas co ámbito sexual, xa que a súa parte externa é unha zona eróxena de primeira orde, sobre todo nas mulleres. Estas glándulas son dúas e están situadas na parte de diante do tórax, na zona superior. Tanto os homes coma as mulleres temos glándulas mamarias, o que ocorre é que, mentres nas mulleres se desenvolven a partir da puberdade, formando dúas prominencias de tamaño variable segundo cada persoa, nos homes non se chegan a desenvolver e quedan practicamente planas durante toda a vida.
- Funcionamento do aparato xenital da muller:
Neste proceso de maduración suceden varias cousas á vez. Por un lado, o oocito primario comeza o seu proceso de preparación para poder ser fecundado, dividíndose a través dunha meiose, para quedar coma unha célula de 23 cromosomas (en lugar de 23 pares), o cal lle permite unirse co espermatozoide do home (que tamén ten 23 cromosomas), para formar unha célula de 23 pares, como todas as da especie humana.
Por outro lado, as células que forman a cuberta ou parede do folículo comezan a dividirse, dispoñéndose en dúas capas superpostas: a capa externa (teca externa) e a capa interna (teca interna), e as células da teca interna comezan a fabricar unha hormona da familia dos estróxenos, que se vai acumulando no líquido folicular o cal, loxicamente, aumenta de volume. Temos, pouco a pouco, un folículo cada vez máis grande, cun oocito en proceso de maduración e con cantidade de estróxenos acumulados.
Este proceso, que dura arredor de dúas semanas (aínda que pode haber grandes variacións sempre en condicións normais), remata cando a maduración do folículo primario está completa, dando lugar a un folículo maduro ou folículo de Graff. Neste momento, a parede celular rebenta e o oocito maduro (óvulo) queda liberado, sendo sucionado pola trompa de Falopio, que o empurra cara ao seu interior grazas a unhas velosidades que hai na súa parede, que se moven como se barresen. O óvulo é útil para ser fecundado durante aproximadamente tres días, a partir da súa liberación no ovario. Se neste tempo non sucede a fecundación, xa non vale e é desbotado polo organismo.
Pola súa vez, o líquido folicular cheo de estróxenos, absórveno os capilares, pasando a incorporarse ao sangue, o que fai que aumente moito a concentración de estróxenos nela. Desta maneira, as hormonas chegan aos lugares onde realizan as súas funcións, que son as seguintes:
- Avisan á hipófise para que deixe de enviar ao sangue FSH, porque o folículo xa está maduro.
- Provocan que a mesma hipófise envíe outra hormona distinta, chamada LH (hormona lúteinizante).
- Producen un aumento do tamaño das trompas de Falopio, e o movemento das velosidades que empurran o óvulo.
- Producen un aumento do tamaño do útero e tamén dos condutos das glándulas mamarias.
Pola súa vez, a proxesterona que hai no sangue comeza a facer os seus efectos:
- Produce un aumento de grosor da capa funcional do endometrio do útero, no que se multiplican os vasos sanguíneos, preparando así a implantación do embrión, no caso de que se tivese fecundado un óvulo.
- Completa a preparación das glándulas mamarias para unha posible secreción de leite.
- Impide que se produza unha nova ovulación, por iso se utiliza a proxesterona como anticonceptivo.
- Os testículos
Están envoltos polas chamadas bolsas escrotais, separados entre si por un tabique interescrotal (formado polo mesmo tecido cá bolsa) e cubertos pola pel do escroto, que é grosa e lixeiramente engurrada.
Se cortamos un testículo pola metade, de arriba abaixo, podemos observar que no seu interior hai diversos elementos.
Unha capa máis externa, chamada túnica albuxínea, que é febrosa e que constitúe unha especie de codia protectora. Esta capa emite prolongacións cara ao interior, que dividen o testículo en compartimentos, agás pola parte de atrás.
Dentro de cada un destes compartimentos están os túbulos seminíferos, que son uns tubiños estreitiños e, tan longos, que teñen que estar pregados para colleren dentro da cavidade. Isto dálle un aspecto semellante ao dun ovelo.
Se collemos un destes túbulos e o cortamos transversalmente, podemos observar, en primeiro lugar, que esta sección é redonda, e está lixeiramente deformada por un lado. Podemos ver tamén que o túbulo está formado por unha parede delgadiña e que o seu interior está "recheo" por gran cantidade de células:
* Por un lado, hai moitísimos espermatozoides en distintos estadios de maduración: espermatogonias, espermatocitos primarios, espermatocitos secundarios, espermátides, espermatozoos e espermatozoides, que se atopan xa na parte máis interna do túbulo, preparados para saír.
* Por outro lado, as células de Sertoli, que teñen a función de proporcionar nutrición aos espermatozoides e aos seus precursores.
* Por último, están as chamadas células intersticiais, que se aloxan nesa pequena "deformación" da parede do túbulo da que falábamos anteriormente. Estas células son as que fabrican testosterona (hormona sexual masculina), estimuladas pola FSH da hipófise.
Os espermatozoides son as células que fecundan os óvulos, dando lugar a un embarazo. Igual que os óvulos, contan con 23 cromosomas, en lugar de 23 pares, que teñen o resto das células da especie humana. Proceden da maduración das espermátides, que se van dividindo por meioses para reducir os cromosomas. Son células móbiles, que se desprazan polo interior dos túbulos e condutos e que, logo dun coito, ascenden polo útero arriba e introdúcense polas trompas de Falopio. Teñen una forma alargada e constan de cabeza (parte voluminosa), colo (estreitamento que segue á cabeza) e cola (flaxelo que lles proporciona mobilidade). Durante o tempo que permanecen no interior dos túbulos seminíferos están suxeitos ás células de Sertoli, que lles proporcionan nutrición para rematar o seu período de crecemento e maduración.
- O pene
A súa función xenital é a penetración na vaxina e o vertido do seme no seu interior. A súa función urinaria é a eliminación dos ouriños... e a súa función sexual é a obtención de pracer por diversos tipos de estimulación...
Visto por fóra, o pene é unha estrutura cilíndrica e branda, cuberta por pel grosa e rugosa, que forma un fondo pregamento no seu extremo (o prepucio), que cubre totalmente unha zona máis avultada có resto, con forma de pirámide, chamada glande.
O seu interior está formado por dous corpos cavernosos, situados na parte de diante e un corpo esponxoso, situado na parte de atrás, polo interior do cal discorre o último tramo da uretra.
Os corpos cavernosos están formados por tecido eréctil (que tamén existe no corpo esponxoso), constituído por unha serie de cavernas rodeadas por unha parede de tecido conectivo. Durante a erección (provocada pola acción de nervios involuntarios), estas cavernas énchense de sangue, as válvulas pechan, impedindo o refluxo e, por este motivo, o pene aumenta de lonxitude e de volume e faise moito máis consistente. O prepucio estira completamente, así coma o resto da pel do pene, deixando o glande ao aire. Todo isto ten por obxecto que poida entrar na vaxina sen dificultade.
Rematado o estímulo que provocou a erección, o cal adoita suceder despois da exaculación (tamén provocada por estímulos nerviosos involuntarios), as válvulas ábrense, os corpos cavernosos e os esponxosos baléiranse de sangue e o pene volve a adoptar o seu tamaño e consistencia habituais.
A erección prodúcese por unha serie de estímulos directos sobre o pene ou outras partes do corpo (zonas eróxenas), a través de tocamentos, caricias, masaxes ou lambetadas, pero tamén se pode producir por estimulación indirecta (unha imaxe, un recordo, un soño...). Cando isto se produce durante o soño, cousa bastante habitual por outra parte, pode chegar a haber unha exaculación (polución nocturna), sen que o home se decate, ou sen lembrar nada cando esperta.
- Os condutos
- Condutos rectos: Son a continuación dos túbulos seminíferos. Son lisos e sen pregamentos e atravesan o espazo que deixan libre os septos da túnica albuxínea. A súa función é conducir espermatozoides.
- Rede de Haller: É una estrutura formada por unha serie de túbulos que se entrecruzan formando un plexo ou rede, que ocupan o espazo común da parte posterior do testículo, libre dos septos da túnica albuxínea. Constitúen o seguinte tramo do camiño de condución dos espermatozoides.
- Condutiños eferentes: Proceden da confluencia dos tubos da rede de Haller e son lisos. Saen do testículo e conflúen todos na cabeza do epidídimo.
- Epidídimo: É unha estrutura medianamente voluminosa, pegada á parede posterior do testículo. Ten tres partes: cabeza, corpo e cola. O interior do epidídimo é oco, formando un conduto que, na primeira parte (cabeza), é sinuoso. Ao longo do corpo discorre un canaliño tamén sinuoso, resultado da confluencia dos condutiños eferentes. Na cola, este canalículo é algo máis liso que no corpo e, finalmente o dito conduto sae polo seu extremo, dando lugar a unha canle máis ou menos lisa: o conduto deferente.
- Os condutos exteriores do testículo son o conduto deferente e a uretra.
- Conduto deferente: É unha canle longa e estreita, que sae da cola do epidídimo e diríxese cara arriba.
- Unha vez fóra do escroto, introdúcese no oco da éngoa para ir cara atrás e cara a dentro, entrando no abdome, no que fai unha especie de reviravolta (bucle).
- Á altura da parte de atrás da vexiga e da próstata remata, ao se xuntar co conduto da vesícula seminal, formando ambos os dous xuntos o conduto exaculador que, pola súa vez, desemboca na uretra.
- Este conduto, ao seu paso pola éngoa, vai moi superficial, practicamente por debaixo da pel, o que permite a súa ligadura cirúrxica sen ningún problema (vasectomía), eliminando así, dun xeito permanente, o tránsito de espermatozoides cara á uretra.
- A uretra: Nos homes é un conduto común ao aparato xenital e ao urinario. Trátase dunha canle que sae da vexiga dos ouriños e distingue tres tramos diferentes no seu traxecto cara ao exterior:
- Primeiro diríxese cara abaixo, introducíndose na próstata, á que atravesa, e dentro dela recibe a desembocadura dos condutos exaculadores (uretra prostática).
- Sae da próstata pola parte de abaixo desta e sofre unha acobadadura para se dirixir cara adiante. Este tramo ten a súa parede máis grosa e dura (uretra membranosa).
- Pouco despois, sofre outra acobadadura para se dirixir de novo cara abaixo e introducirseno pene, para rematar no orificio uretral, na punta do glande (uretra esponxosa).
- As glándulas accesorias
- Vesículas seminais: Están situadas entre a parte inferior da vexiga e detrás da próstata. Teñen forma alongada e o seu diámetro maior é de aproximadamente 5 centímetros. Do seu extremo sae un conduto que se xunta co conduto deferente. Segregan un composto de consistencia líquida (o seme), que verten a través do seu conduto, que se xunta cos espermatozoides chegados polo conduto deferente, comezando a formarse o esperma. A función desta segregación é a de proporcionarlles un vehículo líquido aos espermatozoides, para que circulen mellor e, ao tempo, para lles achegar elementos de nutrición. Se non houbese espermatozoides, cousa que ocorre en caso de ter practicada unha vasectomía (ou no caso de ter problemas no testículo), o seme prodúcese igual e a exaculación ten lugar nos mesmos termos, obtendo igualmente todo o pracer sexual. Unicamente non se pode producir a fecundación.
- Glándulas prostáticas: A próstata é unha glándula de forma ovoide, bastante voluminosa, situada por debaixo da vexiga dos ouriños e atravesada pola uretra e polo conduto exaculador, que desemboca no seu propio interior. No seu interior están as glándulas prostáticas, formadas por unha serie de unidades secretoras con cadanseu condutiño de secreción. Estes condutos verten o seu contido na uretra prostática, contido que se mestura co procedente do conduto exaculador, incorporándose ao esperma. A estimulación directa da próstata, a través do ano, produce unha exaculación.
- Glándulas de Cowper ou glándulas bulboureterais: Están situadas no chamado diafragma uroxenital, na cara inferior da próstata. Os seus condutos verten a súa segregación na uretra membranosa, incorporándose ao esperma, que adquire así a súa composición definitiva.
2. Cambios corporais
Na adolescencia especialmente prodúcense unha serie de cambios corporais e xorden elementos novos que fan que que isto sofre se sinta na incerteza e no desasosego. O caso é que estes cambios teñen distintos ritmos, intensidades, duración, etc... e fai que os que se queden “atrás” se vexan aterrados pola posibilidade de que o seu corpo non madure. É importante coñecer cales van ser eses cambios, pero sobre todo estar convencidos de que ao final o resultado vai ser un corpo preparado para o pracer e as relacións sexuais e que para iso non hai uns mellor preparados que outros.
As diferenzas no aspecto físico entre mozos e mozas fanse máis evidentes na puberdade. Desenvólvense os caracteres sexuais secundarios. Algúns destes cambios son:
- Na Muller: Aumento rápido da talla, debido fundamentalmente ao crecemento. É o «estirón». Sucede durante o ano anterior á aparición da menarquia e tamén pouco despois. Desenvolvemento dos seos. Aparece primeiro o botón mamario, frecuentemente asimétrico, entre os 8 e os 14 anos. Aparición de vello púbico. Vello nas axilas. Menarquia (primeira menstruación). Sucede entre os 10 e os 16 anos. A regra marca o final da puberdade. Ensanche das cadeiras, que adquiren unha forma máis redondeada. Cambio do cheiro corporal. Cheiro axilar característico. Acne. Non sempre. Cambios nos xenitais externos. A vulva perde o aspecto infantil, aumenta o tamaño dos beizos maiores e menores e aparece o fluxo vaxinal. Tamén aumenta de tamaño o clítoris, que xa se pode identificar como un órgano eréctil.
- No Home: Aumento da talla. Aumento do tamaño dos testículos. Crecemento do pene. Aparición do vello púbico. Cambio da voz e crecemento da noz e da larinxe. Aparición do vello nas axilas. Actividade das glándulas sudoríparas e sebáceas, co consecuente cambio do cheiro corporal. Aparición gradual do vello facial e do resto do corpo.