Corrixir a desigualdade no currículo explícito e implícito

1. Por unha escola como instrumento ao servizo da igualdade
No actual contexto educativo debería estar asimilada e normalizada a equidade e a igualdade de oportunidades para nenas e nenos. Mais, responde a educación totalmente a esta necesidade social?
Os indicadores sociais indícannos que non. As cifras da desigualdade mostran que seguimos perpetuando (familia, escola e sociedade) roles limitadores e nocivos para o desenvolvemento das mulleres e tamén dos homes.
A que pode deberse esta situación?
Esta situación pode producirse por varias causas; entre elas, debemos nomear o currículo explícito ou oficial e o currículo oculto.
É necesario analizar as formas de transmisión do sexismo na escola e o papel que desempeñan o currículo explícito e o oculto, como instrumentos básicos para transmitir coñecemento.
2. As formas de transmisión do sexismo na escola
É a aula un espazo que xera sexismos?. Esta é a pregunta que debe iniciar a nosa análise sobre as formas de transmisión do sexismo na escola.
Existe unha lexislación que garante a igualdade de oportunidades. Isto implica que existe unha igualdade formal, mais é evidente que isto non garante unha igualdade real. A igualdade real vai máis alá da igualdade xurídica ou lexislativa, pretende que esas directrices legais sexan aplicables e aplicadas á vida diaria pois hai moitos ámbitos e situacións que quedan fóra do ordenamento xurídico.
As formas de discriminación, neste caso, pasan a ser máis sutís pero non menos negativas.
Isto tamén ocorre na escola. Os roles e estereotipos están tan interiorizados que se manteñen no tempo e resulta moi complicado atallalos. Para conseguilo, sería necesario identificar os estereotipos sexistas vixentes na educación formal tanto na estrutura dos seus programas como na súa aplicación.
Nas nosas aulas e nos distintos espazos escolares observamos actitudes e comportamentos que indican que o noso alumnado se está educando nos papeis tradicionais asignados a homes e mulleres, con todo o que isto implica en relación coa valoración social máis positiva do masculino que do feminino.
Existen moitos estudos sobre os diferentes ámbitos en que se manifesta o sexismo nos centros educativos: nos libros de texto, na linguaxe utilizada en documentos oficiais, nos estereotipos que se transmiten por parte do profesorado, etc.
Para analizar as formas de transmisión do sexismo na escola é necesario reflexionar sobre o papel que desempeñan o currículo explícito e o currículo oculto. Farémolo nos seguintes apartados.
O sexismo no currículo explícito non é tan habitual como no currículo oculto. Pero non por iso é un ámbito libre de sexismo. Podémolo comprobar na linguaxe sexista de moitos dos documentos oficiais. De feito, existen moitas mostras públicas de reticencia ante o uso da linguaxe non sexista. Exemplo de xeitos de presentarse o sexismo no currículo explícito:
• A través da linguaxe que fomenta un uso do masculino para designar persoas de ambos os sexos. Isto sucede incluso cando a maioría está formada por mulleres ou cando en ocasións nun determinado grupo hai unicamente un só home. Isto xustifícase co carácter universal do discurso, porén esta suposta universalidade transmite en realidade que o suxeito masculino é o protagonista central do discurso.
• A través dos textos escolares que transmiten papeis tradicionais asignados a homes e mulleres en función do sexo.
Pero a relación entre discriminación sexista e currículo escolar non se limita ao campo específico do currículo explícito. A permanencia do sexismo no ámbito escolar aparece enormemente relacionada con aspectos pouco visibles pero de grande peso específico nos centros de ensino, que limitan e determinan a natureza dos procesos educativos. Estes aspectos pouco visibles conforman o currículo oculto.
O currículo oculto fai referencia ao conxunto de normas e valores non sempre conscientes que se transmiten nas normas de funcionamento escolar, na relación entre profesorado e alumnado, nas actitudes e comportamentos do profesorado... Por suposto, non é necesario que se transmitan de forma explícita, por iso é dificilmente avaliable.
Podemos destacar que o currículo oculto non se limita só ao ámbito educativo senón que recolle as normas sociais con que as persoas se relacionan. Polo tanto, afecta a todos os axentes educativos: profesorado, alumnado e centro de ensino.

- 2.1. O sexismo no currículo explícito

- 2.2. O sexismo no currículo oculto