Emigración a Brasil da nosa veciñanza
Dentro do proxecto Brasil 2016 do IES Chano Piñeiro imos tratar de saber algo máis sobre a emigración da nosa comarca a ese inmenso país. Para iso imos expoñer algunha das fichas de homes e mulleres de Cerdedo e Forcarei que tiveron que atravesar o atlántico en busca dunha vida mellor.
O obxectivo é tomar conciencia dos vencellos que temos con esa Terra, como desde os recantos máis afastados da nosa Galiza hai xentes que están en contacto con esa realidade a través de fillos, irmáns, e demais parentes que aló foron e, sobre todo, decatarse do impacto terríbel que tivo e ten a emigración ao comprobar a grande dimensión deste fenómeno no noso país. Preme aquí |