|
|

1. Introdución
A educación é un proceso continuado que se desenvolve en distintas etapas, polo tanto, a coeducación debe ser un piar básico dentro de calquera modelo educativo.
Hoxe en día créase un contexto favorable para realizar programas de educación para a igualdade, co obxectivo de conseguir a incorporación gradual da coeducación nos nosos centros de ensino achegándonos tanto ao alumnado como ao profesorado.
2. Obxectivos
• Garantir a adquisición de coñecementos básicos sobre modelos educativos e desenvolver a interpretación e análise crítica.
• Analizar o modelo de escola mixta e escola coeducativa.
• Comprender o papel que desenvolve o profesorado como axente coeducador.
• Coñecer o marco normativo a nivel estatal en materia de coeducación.
3. Que é coeducar?
Co obxectivo de acadar unha sociedade máis xusta e equilibrada, na que as desigualdades sociais entre homes e mulleres sexan cada vez menores, proponse a coeducación como ferramenta de sensibilización, información, recurso, alternativa e cambio social.
A coeducación fai referencia á educación en igualdade entre mulleres e homes. Podemos entender o termo 'coeducación' como a intervención escolar dirixida a producir cambios no sistema educativo cara a unha maior igualdade entre mulleres e homes.
4. A coeducación: como educar en igualdade.
A coeducación debería estar presente dunha maneira máis práctica en todas as áreas e todos os ámbitos do sistema educativo pois resulta obvio que o profesorado cree na igualade de oportunidades, dereitos e recursos para mulleres e homes. Por iso, presentamos a educación como ferramenta de cambio, onde educar para a igualdade supón educar de forma conxunta a nenos e nenas. Educar na idea de construír unha realidade nova , tendo en conta a unión de esforzos por un obxectivo común, o da igualdade.
Cando falamos de coeducación temos que incidir en que se trata dun método de intervención educativa que vai máis alá da educación mixta. Asenta as súas bases no recoñecemento das potencialidades e individualidades dos nenos e das nenas independentemente do seu sexo.
A coeducación supón e esixe situacións de igualdade reais no relativo ás oportunidades académicas,profesionais e sociais; de tal xeito que ninguén, por razóns de sexo, parta dunha situación de desvantaxe ou teña que superar especiais dificultades para chegar aos mesmos
obxectivos. Trátase pois, de propiciar a comunicación entre as persoas de ambos os sexos, baseándose no respecto mutuo,no coñecemento e na aceptación.
4.1. Pasos para unha coeducación efectiva
• Reflexionar sobre as prácticas docentes do profesorado e dos centros de ensino.
• Analizar a práctica educativa utilizando materiais publicados ao respecto, dinámicas, etc.
• Investir en formación, investigación, acción e avaliación.
• A formación do profesorado en materia de coeducación ten que ser un piar básico dentro do proceso educativo.
4.2. Que pretende a coeducación
A coeducación é unha das ferramentas máis útiles para poder acabar coa desigualdade.
Pretende proporcionar unha formación integral que permita a nenos e nenas unha educación plena e que axude a configurar a súa identidade, así como construír unha concepción da realidade que integre á vez o coñecemento e a valoración ética e moral desta.
A continuación, amosamos unhas ideas clave sobre que pretende acadar a coeducación:
• Promover a igualdade real entre mulleres e homes.
• Facer visibles as mulleres en todos os aspectos da súa vida, amosando a nivel histórico os seus logros e experiencias.
• Compartir a educación dos nenos e nenas así como as responsabilidades dentro do fogar.
• Previr os malos tratos e a violencia de xénero.
• Aprender a usar linguaxes non discriminatorias.
• Reflexionar sobre que se ensina e como se ensina.
4.3. Por que é importante coeducar?
• Porque as mulleres e os homes asuminos e interiorizamos os estereotipos sexistas.
• Porque seguimos a utilizar unha linguaxe sexista e discriminatoria.
• Porque as persoas seguimos a identificar o masculino co público e o feminino co privado.
5. Da escola mixta a escola coeducativa
Se analizamos o actual sistema educativo podemos observar que o modelo predominante é a chamada escola mixta. Este sistema permitiu un gran salto educativo xeracional e constituíu un grande avance en relación co modelo anterior de carácter diferenciado, a escola diferenciada, que transmitía roles tradicionais e esquecía os aspectos relacionados coa igualdade de oportunidades ou a diversidade.
A escola mixta é aquela que, baseándose nas diferenzas dos roles sexuais, recoñece a igualdade formal da educación para ambos os sexos. A problemática que atopamos neste modelo de escola mixta é que non cuestiona a desigualdade social e cultural existente; ademais, aplica un sistema individualista baseado en valores de competición e rendemento. No caso concreto que atinxe á cuestión de xénero, este modelo incorpora no currículo unicamente valores tradicionais masculinos como modelo universal para toda a poboación escolar. Esta situación implica que as mulleres terán que desenvolver pola súa conta, de xeito paralelo, un modelo feminino a través do que se denomina
“currículo oculto”.
Desde a educación non se pode manter un modelo que fomente as construcións sociais que colaboran na exclusión e na desigualdade entre as persoas. Na escola coeducativa, os roles e valores femininos e masculinos non están xerarquizados como no caso da escola mixta, senón que coexisten nun mesmo plano.
É na escola onde se imitan determinadas formas de actuación. Por iso ten que ser na escola onde se traballe cara á igualdade real entre mulleres e homes, na escola como espazo estratéxico ao carón dalgúns outros tamén moi relevantes como o traballo, os medios, etc.
Esta aposta require non só o apoio das Administracións que ordenan o sistema educativo senón tamén o compromiso de toda a Comunidade Educativa para comezar a xerar cambios segundo a filosofía da escola coeducativa.
6. O papel do profesorado como axente coeducador
"Un profesor traballa para a eternidade: ninguén pode dicir onde remata a súa influencia."
Henry Brooks Adams
A escola constitúe un marco apropiado para a superación dos prexuízos sexistas e para acadar un cambio en profundidade das estruturas e das prácticas sociais menos desexables.
Isto lévanos a facer unha reflexión global sobre a importancia do que ensinamos, como o ensinamos e a onde nos diriximos cando ensinamos e achegamos coñecemento. O compromiso do profesorado é fundamental para traballar a coeducación nas aulas, pois interveñen activamente nun espazo idóneo para corrixir os comportamentos sexistas e fomentar a igualdade.
As ideas, valores e crenzas que sobre a xerarquización de xénero ten o profesorado inflúen significativamente no proceso de ensinoaprendizaxe que afecta ao alumando, unhas veces de xeito explícito, e, outras, de forma encuberta, sen seren plenamente conscientes diso.
Na escola educativa, o profesorado xoga un papel fundamental á hora de comprometerse a non reproducir os mecanismos de discriminación que posúe un sistema educativo tradicional. É moi necesaria a función colaborativa e o apoio entre o propio profesorado.
Pero, sobre todo, é necesario este apoio entre docentes nos grupos de profesorado que están en constante formación, que innovan e buscan avances na sociedade xa que creen na educación xeradora de cambios e melloras sociais. Destacamos así que a formación permanente do profesorado como profesionais do ensino é unha necesidade e prioridade establecida dentro da dinámica escolar.
Á hora de manter un modelo coeducativo na escola, o profesorado debe ter en conta varios aspectos:
• O propio papel que xoga o profesorado coa súa actitude e motivación.
• O currículo oculto que se transmite.
• A linguaxe coa que nos expresamos.
• Desenvolver estratexias metodolóxicas máis acordes con estilos de aprendizaxe que permitan a reflexión crítica sobre certas rutinas didácticas.
• Fomentar o uso de libros de texto non sexistas.
Se o profesorado é consciente das desigualdades sociais e se ten formación e recursos para facelo, estas desigualdades poderán ser, polo menos, cuestionadas e analizadas no contexto escolar e nas aulas.
7. Conclusións
• Propoñemos a coeducación como ferramenta de sensibilización, información, recursos, alternativas, e cambio social.
• A escola diferenciada transmitía roles tradicionais e esquecía os aspectos relacionados coa igualdade de oportunidades ou a diversidade.
• A escola mixta é aquela que baseándose nas diferenzas dos roles sexuais, recoñece a igualdade formal da educación para ambos sexos.
• Na escola coeducativa os roles e valores femininos e masculinos non están xerarquizados senón que coexisten nun mesmo plano.
• O compromiso do profesorado é fundamental para traballar a coeducación nas aulas, pois interveñen activamente nun espazo idóneo para corrixir os comportamentos sexistas e fomentar a igualdade.