O Chaniño
Nas redes
  • Novas
  • Chano
    • Filmes
  • Lecturas
    • Terra de letras
    • Club de lectura
  • Coeducación
    • Aulas de igualdade
    • Estereotipos
    • Publicidade
    • Acoso
    • Violencia
  • Dereitos
    • Declaración Universal dos Dereitos das Persoas
  • Sexualidades
    • A sexuación >
      • Homofobia e transfobia
    • A sexualidade >
      • Clítoris
    • Desexos e prácticas sexuais
    • Prevencións >
      • Embarazos
      • Enfermidades
    • Dereitos sexuais
    • Mitos, leas, dúbidas e erros frecuentes
  • Actividades
    • A boa etapa
    • Chez Chano
    • Flor de toxo
    • Trasteando
    • Proxectos >
      • Brasil >
        • Emigración
      • Mosteiro de Sobrado dos Monxes
      • Santiago de Compostela
    • Patrimonio >
      • Inmaterial
      • Forcarei >
        • Aciveiro (Santa María)
        • Dúas Igrexas (Santa María)
        • Castrelo (Santa Mariña)
        • Forcarei (San Martiño)
        • Meavía (San Xoán)
        • A Madanela de Montes (Santa María Madanela)
        • Millarada (San Amedio)
        • Pardesoa (Santiago)
        • Pereira (San Bartolomeu)
        • Quintillán (San Pedro)
        • San Miguel de Presqueiras (San Miguel)
        • Santa Mariña de Presqueiras (Santa Mariña)
        • Ventoxo (San Nicolao)
      • Beariz >
        • Beariz (Santa María)
        • Lebozán (Santa Cruz)
        • Xirazga (San Salvador)​
      • Cerdedo >
        • Castro (Santa Baia)
        • Cerdedo (San Xoán)
        • Figueiroa (San Martiño)
        • Folgoso (Santa María)
        • Parada (San Pedro)
        • Pedre (Santo Estevo)
        • Quireza (San Tomé)
        • Tomonde (Santa María)
  • Galerías
    • Fotos >
      • Curso 2013/14
      • Curso 2014/15
      • Curso 2015/16
      • Curso 2016/17
      • Curso 2017-18
      • Curso 2018-19
    • Vídeos

Declaración Universal dos Dereitos das Persoas

A Declaración Universal dos Dereitos Humanos (DUDH) é unha declaración adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas (A/RES/217, 10 de decembro de 1948), sobre os dereitos humanos básicos.

Descarga en PDF da DUDH

Os dereitos das persoas na actualidade

Historia dos dereitos humanos

Preámbulo
Considerando que o recoñecimento da dignidade inherente a todos os membros da família humana e dos seus direitos iguais e inalienáveis
constitui o fundamento da liberdade, da xustiza e da paz no mundo;
Considerando que o descoñecimento e o desprezo dos dereitos das persoas conduciron a actos de barbárie que revoltan a consciéncia
da Humanidade e que o advento de un mundo en que os seres humanos sexan libres de falar e de crer, libertos do terror e da miseria, foi proclamado como a mais alta inspiración da persoa;
Considerando que é esencial a protección dos direitos das persoas a través de un rexime de direito, para que non sexan compelidas,
en supremo recurso, à revolta contra a tiranía e a opresión;
Considerando que é esencial encoraxar o desenvolvemento de relacións amistosas entre as nacións;
Considerando que na Carta dos Povos as Nacións Unidas proclaman de novo a fé nos direitos fundamentais, na dignidade e no valor
da persoa humana, na igualdade de direitos dos homes e das mulleres e declararan-se resolvidas a favorecer o progreso social e a instaurar
mellores condicións de vida dentro de unha liberdade mais ampla.
Considerando que os Estados membros se comprometeron a promover, en cooperación con a Organización da Nacións Unidas,
o respeito universal e efectivo dos direitos da persoa e das liberdades fundamentais;
Considerando que unha concepción comun destes direitos e liberdades é da mais alta importáncia para dar plena satisfación a tal
compromiso;
A Asemblea Xeral proclama a presente Declaración Universal dos Direitos Humanos como ideal comun a atinxir por
todos os povos e todas as nacións, a fin de que todos os individuos e todos os órgaos da sociedade, tendo-a constantemente
no espírito, se esforcen en desenvolver por meio do ensino e a educación o respeito deses direitos e liberdades e en promover,
con medidas progresivas de orde nacional e internacional, o seu recoñecemento e aplicación universais e efectivos tanto entre
as populacións dos próprios Estados membros como entre as dos territórios colocados sob sua xurisdición.

Artigo 1º

Tódolos seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, líbense comportar fraternalmente uns cos outros.

Artigo 2º

Toda persoa ten os dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración, sen distinción ningunha de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición. Ademais, non se fará ningunha distinción baseado na condición política, xurídica ou internacional do país ou territorio da xurisdición do cal dependa unha persoa, tanto se se trata dun país independente coma dun territorio baixo administración fiduciaria, non autónomo ou sometido a calquera outra limitación de soberanía.

Artigo 3º

Todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e á seguridade da súa persoa.

Artigo 4º

Ninguén estará sometido á escravitude nin a servidume; a escravitude e a trata de escravos está prohibida en tódalas súas maneiras.

Artigo 5º

Ninguén será sometido a torturas nin a penas ou tratos crueis, inhumanos e aldraxantes.

Artigo 7º

Todos son iguais perante a lei e teñen, sen distinción, dereito á igual protección da lei. Todos teñen dereito á igual protección contra todo acto discriminatorio que infrinxa esta Declaración e contra toda provocación a tal acto.

Artigo 6º

Todo ser humano ten dereito, en tódalas partes, ó recoñecemento da súa personalidade.

Artigo 8º

Toda persoa ten dereito a un recurso efectivo, perante os tribunais nacionais competentes, que a ampare contra os actos que violen os seus dereitos fundamentais recoñecidos pola constitución ou pola lei.

Artigo 9º

Ninguén poderá ser arbitrariamente detido, preso nin desterrado.

Artigo 10º

Toda persoa ten dereito, en condicións de plena igualdade, a ser oída publicamente e con xustiza por un tribunal independente e imparcial, para determinar os seus dereitos e obrigas ou para o exame de calquera acusación contra ela en materia penal.

Artigo 11º

  1. Toda persoa acusada de delito ten o dereito a que se presuma a súa inocencia mentres non se probe a súa culpabilidade, conforme á lei e en xuízo público no que se lle asegurasen tódalas garantías precisas para a súa defensa.
  2. Ninguén será condenado por actos ou omisións que no momento de se cometer non fosen delitivos segundo o dereito nacional ou internacional. Tampouco se imporá pena máis grave que a aplicable no momento de cometer o delito.

Artigo 12º

Ninguén será obxecto de inxerencias arbitrarias na súa vida privada, a súa familia, o seu domicilio ou a súa correspondencia, nin de ataques á súa honra ou á súa reputación. Toda persoa ten dereito á protección da lei contra estas inxerencias ou ataques.

Artigo 13º

  1. Toda persoa ten dereito a circular libremente e a elixir a súa residencia no territorio dun estado.
  2. Toda persoa ten dereito a saír de calquera país, incluso do propio, e a volver ó seu país.

Artigo 14º

  1. En caso de persecución, toda persoa ten dereito a buscar asilo, e a desfrutar del, en calquera país.
  2. Este dereito non poderá ser invocado contra unha acción xudicial realmente orixinada por delitos comúns ou por actos opostos ós propósitos e principios das Nacións Unidas.

Artigo 15º

  1. Toda persoa ten dereito a unha nacionalidade.
  2. Ninguén será privado arbitrariamente da súa nacionalidade nin do dereito a cambiar de nacionalidade.

Artigo 16º

  1. Os homes e as mulleres, a partir da idade núbil, teñen dereito, sen ningunha restrición por motivos de raza, nacionalidade ou relixión, a casar e fundar unha familia; desfrutarán de iguais dereitos en canto ó matrimonio, durante o matrimonio e no caso de disolución do matrimonio.
  2. Só mediante libre e pleno consentimento dos futuros cónxuxes se poderá contraer o matrimonio.
  3. A familia é o elemento natural e fundamental da sociedade e ten dereito á protección da sociedade e do estado.

Artigo 17º

1. Toda persoa ten dereito á propiedade, individual e colectivamente.
2. Ninguén será privado arbitrariamente da súa propiedade.

Artigo 18º

Toda persoa ten dereito á liberdade de pensamento, de conciencia e de relixión; este dereito inclúe a liberdade de cambiar de relixión ou de crenza, así como a liberdade de manifestar a súa relixión ou a súa crenza, individual e colectivamente, tanto en público como en privado, polo ensino, a práctica, o culto e a observancia.


Artigo 19º

Toda persoa ten dereito á liberdade de opinión e de expresión; este dereito inclúe o de non ser molestada por causa das súas opinións, o de investigar e recibir informacións e opinións e o de difundilas, a través de calquera medio de expresión e sen limitación de fronteiras.

Artigo 20º

1. Toda persoa ten dereito á liberdade de reunión e de asociación pacíficas.
2. Ninguén poderá ser obrigado a pertencer a unha asociación.


Artigo 21º

1. Toda persoa ten dereito a participar no goberno do seu país, directamente ou por medio de representantes libremente escollidos.
2. Toda persoa ten dereito de acceso, en condicións de igualdade, ás funcións públicas do seu país.
3. A vontade do pobo é a base da autoridade do poder público; esta vontade expresarase mediante eleccións auténticas que se celebrarán periodicamente, por sufraxio universal e igual e mediante voto secreto ou procedemento equivalente que garanta a liberdade de voto.

Artigo 22º

Toda persoa, como membro da sociedade, ten dereito á seguridade social e a obter, mediante o esforzo nacional e a cooperación internacional e de acordo coa organización e os recursos de cada Estado, a satisfacción dos dereitos económicos, sociais e culturais indispensables para a súa dignidade e para o libre desenvolvemento da súa personalidade.

Artigo 23º

Artigo 24º

1. Toda persoa ten dereito a traballar, á libre elección do seu emprego, a condicións equitativas e satisfactorias de traballo e á protección contra o desemprego.
2. Toda persoa, sen ningunha discriminación, ten dereito a igual salario por igual traballo.
3. Toda persoa que traballa ten dereito a unha remuneración equitativa e satisfactoria, que asegure para ela e para a súa familia unha existencia conforme á dignidade humana, e que será completada, en caso necesario, por outros medios de protección social.
4. Toda persoa ten dereito a fundar sindicatos e a sindicarse para a defensa dos seus intereses.
Toda persoa ten dereito ó descanso e ó lecer, a unha limitación razoable da xornada de traballo e a vacacións periódicas pagadas.

Artigo 25º

1. Toda persoa ten dereito a un nivel de vida adecuado para a saúde e o benestar dela e da súa familia, incluíndo a alimentación, o vestido, a vivenda, a asistencia médica e os servizos sociais necesarios; ten tamén dereito ós seguros nos casos de desemprego, enfermidade, discapacidade, viuvez e vellez, ou noutros casos de perda dos seus medios de subsistencia por circunstancias independentes da súa vontade.
2. A maternidade e a infancia teñen dereito a coidados e asistencia especiais. Tódolos nenos, nados dentro ou fóra do matrimonio, teñen dereito á mesma protección social.

Artigo 26º

1. Toda persoa ten dereito á educación. A educación será gratuíta, polo menos nas etapas elemental e fundamental. A educación elemental será obrigatoria. A educación técnica e profesional será xeneralizada e os estudios superiores serán igualmente accesibles para todos, en función da valía de cadaquén.
2. A educación terá como obxectivo o pleno desenvolvemento da personalidade humana e o fortalecemento do respecto ós dereitos Humanos e ás liberdades fundamentais. Promoverá a comprensión, a tolerancia e a amizade entre tódalas nacións e tódolos grupos étnicos ou relixiosos, e fomentará as actividades das Nacións Unidas para o mantemento da paz.
3. Os pais teñen dereito preferente a escolle-lo tipo de educación que se lles vai dar ós seus fillos.


Artigo 27º

1. Toda persoa ten dereito a tomar parte libremente na vida cultural da comunidade, a gozar das artes e a participar do progreso científico e dos seus beneficios.
2. Toda persoa ten dereito á protección dos intereses morais e materiais que resulten das producións científicas, literarias ou artísticas das que sexa autora.ra editar.

Artigo 28º

Toda persoa ten dereito a que se estableza unha orde social e internacional na que os dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración se fagan plenamente efectivos.

Artigo 29º

1. Toda persoa ten deberes respecto á comunidade, xa que so nela pode desenvolver libre e plenamente a súa personalidade.
2. No exercicio dos seus dereitos e liberdades, toda persoa estará suxeita so a aquelas limitacións establecidas pola lei co único fin de asegura-lo recoñecemento e o respecto dos dereitos e liberdades dos demais, e de satisfacer as xustas esixencias da moral, da orde pública e do benestar xeral nunha sociedade democrática.
3. Estes dereitos e liberdades non poderán ser, en ningún caso, exercidos en oposición ós propósitos e principios das Nacións Unidas.

Artigo 30º

Nada na presente Declaración poderá ser interpretado no sentido de que confire algún dereito a calquera Estado, grupo ou persoa para emprender actividades ou realizar actos tendentes á supresión de calquera dos dereitos e liberdades nela proclamados.

Imagem
IES Chano Piñeiro
Imagem
Web da Equipa de Normalización Lingüística do IES Chano Piñeiro