O Chaniño
Nas redes
  • Novas
  • Chano
    • Filmes
  • Lecturas
    • Terra de letras
    • Club de lectura
  • Coeducación
    • Aulas de igualdade
    • Estereotipos
    • Publicidade
    • Acoso
    • Violencia
  • Dereitos
    • Declaración Universal dos Dereitos das Persoas
  • Sexualidades
    • A sexuación >
      • Homofobia e transfobia
    • A sexualidade >
      • Clítoris
    • Desexos e prácticas sexuais
    • Prevencións >
      • Embarazos
      • Enfermidades
    • Dereitos sexuais
    • Mitos, leas, dúbidas e erros frecuentes
  • Actividades
    • A boa etapa
    • Chez Chano
    • Flor de toxo
    • Trasteando
    • Proxectos >
      • Brasil >
        • Emigración
      • Mosteiro de Sobrado dos Monxes
      • Santiago de Compostela
    • Patrimonio >
      • Inmaterial
      • Forcarei >
        • Aciveiro (Santa María)
        • Dúas Igrexas (Santa María)
        • Castrelo (Santa Mariña)
        • Forcarei (San Martiño)
        • Meavía (San Xoán)
        • A Madanela de Montes (Santa María Madanela)
        • Millarada (San Amedio)
        • Pardesoa (Santiago)
        • Pereira (San Bartolomeu)
        • Quintillán (San Pedro)
        • San Miguel de Presqueiras (San Miguel)
        • Santa Mariña de Presqueiras (Santa Mariña)
        • Ventoxo (San Nicolao)
      • Beariz >
        • Beariz (Santa María)
        • Lebozán (Santa Cruz)
        • Xirazga (San Salvador)​
      • Cerdedo >
        • Castro (Santa Baia)
        • Cerdedo (San Xoán)
        • Figueiroa (San Martiño)
        • Folgoso (Santa María)
        • Parada (San Pedro)
        • Pedre (Santo Estevo)
        • Quireza (San Tomé)
        • Tomonde (Santa María)
  • Galerías
    • Fotos >
      • Curso 2013/14
      • Curso 2014/15
      • Curso 2015/16
      • Curso 2016/17
      • Curso 2017-18
      • Curso 2018-19
    • Vídeos

Os estereotipos e os roles que reforzan a desigualdade

No ensino compre desfacer os estereotipos que socialmente se reproducen nos medios de comunicación que serven para reforzar a idea de desigualdade entre homes e mulleres.

Texto do botão

O sistema sexo-xénero

Picture
Para comprender as causas e os problemas que implica a desigualdade entre homes e mulleres é necesario que, previamente, nos deteñamos, aínda que sexa a nivel básico, en certos conceptos.
A teoría sexo-xénero pretende introducir unha reflexión sobre estes dous termos cun obxectivo claro; a distinción entre os feitos biolóxicos e os feitos sociais.
Non podemos negar que no plano biolóxico existen diferenzas entre mulleres e homes en relación cos seus órganos xenitais e a súa función na reprodución humana.
Porén, o sistema sexo-xénero consiste na vinculación dun feito biolóxico a un comportamento social e identitario predeterminado que comprende a construción meramente cultural, polo tanto cuestionable e modificable, das condutas de homes e mulleres.
Foi a comezos dos anos sesenta cando comezaron a desenvolverse, nos países anglosaxóns, os estudos sobre as orixes e as causas da posición subordinada das mulleres. Fíxose, entón, necesario introducir categorías analíticas novas. Daquela, o concepto xénero comezou a empregarse para denominar o conxunto de atributos socioculturais asignados ás persoas a partir do sexo; estes atributos socioculturais convertían unha diferenza sexual en desigualdade social, atribuíndo maior valor aos homes que ás mulleres.
O sistema sexo-xénero non só achegou novos enfoques no estudo da desigualdade cara ás mulleres, senón que abriu tamén novas perspectivas nos estudos sobre masculinidade, diversidade sexual...
Esta nova conceptualización fixo e segue facendo posible que comprendamos que as desigualdades sociais entre mulleres e homes non son innatas senón que podemos reclamar a súa desaparición pois son produto de condicionamentos artificiais.
A miúdo, adoitamos falar das diferenzas de xénero e das diferenzas de sexo pero son o mesmo?
Pese a que en moitas ocasións, no cotián, escoitemos estas dúas palabras (sexo e xénero) como sinónimos, ambas aluden a fenómenos diferentes.
Falamos de sexo cando facemos referencia ás diferenzas estritamente biolóxicas que existen entre machos e femias dunha especie. O sexo vén constituído polos elementos corporais visibles, os xenitais, e non visibles, como os hormonais, xenéticos etc. Esta é unha definición aplicable a calquera especie animal; non é un concepto que se vexa alterado nin polo tempo nin pola cultura.
Vexamos algúns exemplos de diferenzas entre mulleres e homes segundo o sexo:

Muller
  • Cromosomas sexuais: feminino XX
  • Aparato xenital feminino
  • Taxa máis elevada de estróxenos
  • Tecido mamario desenvolvido
  • Voz máis aguda na etapa adulta
  • Presenza da menstruación
  • Función respiratoria e cardíaca máis rápida
  • Estrutura ósea máis liviá
Home
  • Cromosomas sexuais: masculino XY
  • Aparato xenital masculino
  • Taxa máis elevada de andróxenos ou testosterona
  • Ausencia de desenvolvemento do tecido mamario
  • Voz máis grave na etapa adulta
  • Non existe menstruación
O xénero pode ser definido como o conxunto de características psicolóxicas, sociais e culturais asignadas ás persoas. Estas características posúen a peculiaridade de ser modificables, pódense transformar co paso do tempo e segundo as sociedades.
Co concepto xénero estamos a referirnos a unha construción cultural conformada por aptitudes, actitudes e roles diferentes que socialmente son asignados e relacionados con ser muller ou ser home. O xénero é a interpretación social do que é ser home ou ser muller.
Deste xeito, moitos dos trazos que denominamos 'masculinos' ou 'femininos' non son un feito biolóxico, a pesar de partir del, son un feito social e cultural e, como tal, poden variar dunhas sociedades a outras e a través do tempo. Por exemplo, a vivencia da paternidade vén cambiando nos últimos anos (increméntase a implicación do pai no coidado de fillos e fillas), este trazo asociado ao xénero evoluciona e é radicalmente diferente segundo o tipo de sociedade. Vexamos algunhas das atribucións máis estendidas segundo o xénero:
Xénero Feminino
  • Máis sensibles
  • Menor autonomía
  • Escaso control dos sentimentos/ Emotividade
  • Máis preocupadas polo coidado das demais persoas
  • Maior dependencia duns canons de beleza física
  • Funcións vinculadas a responsabilizarse do benestar físico e psicolóxico das persoas
  • Máis faladoras
Xénero Masculino
  • Menos sensibles
  • Maior autonomía
  • Control do sentimentos/ Racionalidade
  • Escasa preocupación polo coidado das demais persoas
  • Máis responsabilidade no sostemento económico do núcleo familiar
  • Funcións vinculadas ao espazo público
  • Máis discretos
A división entre sexo e xénero foi impulsada nos anos cincuenta pola filósofa francesa Simone de Beauvoir no seu libro Le Deuxième Sexe (O Segundo Sexo). Coa súa famosa frase “non se nace muller, chégase a selo” declara que moitas das características que presentan as mulleres non están provocadas pola xenética senón por como foron socializadas. Deste xeito, foise introducindo a noción da distinción entre o que é o corpo físico e o rol social de xénero adxudicado segundo o sexo.
3.1. A socialización de xénero
O concepto global de socialización defínese como o proceso a través do cal unha persoa adquire, aprende e interioriza a cultura dunha sociedade. Deste xeito, as persoas adaptámonos ao contorno social onde debemos vivir. Así mesmo, dun xeito máis oculto e solapado, atopámonos cunha socialización, non consciente, que se produce desde que nacemos.
A través de distintas formas e principios de socialización, aprendemos comportamentos masculinos ou femininos para responder ás expectativas sociais e, así, interiorizamos a xustificación da desigualdade en razón de xénero.
No referente ás canles de transmisión, a socialización utiliza os roles de xénero transformados en crenzas, costumes e valores diferenciais. A través destas canles de transmisión, as mulleres e os homes, integran e asimilan o modelo de muller e de home máis “apropiado” a cada sociedade.
Unha vez adquiridos e aprendidos estes valores, actitudes e comportamentos verémolos proxectados en todos os ámbitos das nosas vidas: relacións familiares, ámbito laboral, relacións sociais. Na táboa que mostramos a continuación podemos observar cales son algúns dos axentes centrais da socialización.

Estereotipos sexistas na publicidade

  • FAMILIA
Xogos, atribucións, roles, contos
  • ESCOLA
Modelos do profesorado, contidos pedagóxicos
  • MEDIOS DE COMUNICACIÓN
Tratamento da información
  • A LINGUAXE
Mecanismo de comunicación e vehículo de pensamento
  • RELIXIÓN
Normas, valores e crenzas
  • ÁMBITO LABORAL
Promoción laboral, aspiracións laborais
3.2. Os estereotipos sexistas
Os estereotipos sexistas abarcan unha concepción simplificada e limitada de como somos as persoas e das diferenzas que existen entre os homes e as mulleres. Estes estereotipos reflicten impresións e crenzas ao redor de cal é o comportamento máis axeitado e correcto para cada un dos xéneros. No contexto que estamos a traballar, a función dos estereotipos é a de eliminar a diversidade, xerar incomunicación e falta de entendemento entre os xéneros.
Sabemos perfectamente que a escola non é unha institución illada da sociedade, máis ben todo o contrario, xa que é transmisora de coñecemento, valores e normas sociais. Por iso, cabe incidir na importancia do papel que desenvolve o profesorado á hora de evitar os estereotipos sexistas que aparecen nos diferentes ámbitos asociados ao sistema educativo. A eliminación dos estereotipos de xénero, tamén no ámbito escolar, permite educar en igualdade, promovendo as capacidades que posuímos as persoas para desenvolver habilidades sociais e educativas e, deste xeito, expresar con liberdade as nosas emocións e sentimentos.

3.3. O sexismo. Xerarquía e discriminación
O sexismo é un conxunto de actitudes, ideas, símbolos, comportamentos e incluso hábitos xa arraigados no intercambio social, que negan dereitos á liberdade e á igualdade entre persoas de diferentes sexos. O sexismo maniféstase de diferentes maneiras dentro da nosa sociedade, a través da linguaxe, dos medios de comunicación, da violencia de xénero, etc.
Os estereotipos sexistas están sumamente arraigados e interiorizados na sociedade polo que o sexismo tamén se manifesta nas aulas. Xorde así unha necesidade de formarse en coeducación desde o ámbito educativo para ter coñecemento e perspectiva de xénero.
Este achegamento á coeducación sensibilízanos para descubrir e atallar todas as formas de discriminación que poden poñer en risco a educación en igualdade.
Os diferentes ámbitos nos que se manifesta o sexismo nos centros educativos son os seguintes:
  • Currículo explícito
  • Currículo oculto

Algunhas manifestacións sexistas na sociedade

O sexismo non ten porque manifestarse de xeito explícito e consciente xa que as persoas o incorporan á súa personalidade, cultura, valores e relacións sociais. Deste xeito, reprodúcese de forma automática chegando a transmitirse de xeración en xeración, sen que cheguemos a ser totalmente conscientes da súa transmisión.
Podemos analizar múltiples exemplos de sexismo na vida diaria que limitan a conduta das persoas e, polo tanto, afecta ao seu desenvolvemento. Porén,aínda que o sexismo ten consecuencias para ambos os sexos, estas aumentan circunstancialmente no caso das mulleres. Este é un dos motivos polos que comunmente entendemos por sexismo as crenzas e prácticas que fomentan e manteñen a
subordinación das mulleres respecto dos homes. Analizaremos a continuación algunhas das manifestacións sexistas máis presentes na nosa sociedade.
4.1. A linguaxe
Un dos axentes de socialización e de transmisión dos estereotipos de xénero é a linguaxe. A linguaxe é un vehículo de información e transmisión de coñecementos, principal mecanismo de comunicación e instrumento que nos permite expresar o que nos rodea. A linguaxe serve para comunicármonos, porén, alén desta función cotiá, ten outras repercusións e implicacións cuxas dimensións cómpre valorar. A linguaxe nomea e, ao mesmo tempo, condiciona o noso pensamento e determina a nosa visión da realidade.
A linguaxe non é unha creación arbitraria nin casual, senón que é un produto social e histórico que inflúe na nosa visión do mundo. Por outra parte,a linguaxe vén herdada e, por tanto, trae até nós a experiencia acumulada de xeracións anteriores. Nos últimos anos, o papel de mulleres e de homes transformouse profundamente mais a maioría das mensaxes transmitidas seguen mostrando unha imaxe parcial do seu rol social. Os prexuízos sexistas que a linguaxe transmite sobre as mulleres son causados polo papel social que se lles ten atribuído durante xeracións.
É preciso sensibilizar sobre o feito de que a lingua, ao igual que as persoas e a sociedade, está viva, en constante evolución e modificación. Baseándonos nisto, cómpre resaltar a importancia de incorporarmos na linguaxe a presenza das mulleres; deste xeito, desenvolveremos formas diferentes de expresarnos, nomeando mulleres e homes e proporcionando alternativas para non discriminar cando se escribe ou se fala.
4.2. Os medios de comunicación
Os medios de comunicación nunha sociedade globalizada como na que vivimos veñen ser transmisores da “realidade”, presentándoa coma se fose a “única” e a “auténtica”. Xeran modelos que inflúen na creación da identidade e que poden ser interpretados como un espello onde se reflicte a realidade social.
Ao mesmo tempo, contribúen á construción social do xénero segundo sexa o tratamento que se faga dos diversos conceptos do feminino e do masculino. Por tanto, convén destacar a responsabilidade social dos medios de comunicación xa que, como parte da súa función formativa e educativa, deberían adoptar formas non discriminatorias no tratamento da información.

Exemplo de publicidade sexista

Que define un contido sexista?
O Instituto da Muller sinala os factores que determinan que un contido sexa sexista. Entre eles, destacan os seguintes:
  • Xustificar comportamentos ou actitudes que impliquen violencia contra a muller.
  • Exhibir o corpo feminino como reclamo de venda cando sexa alleo ao contido do anuncio e do anunciado.
  • Utilizar á muller e reducir o seu corpo a un mero obxecto sexual.
Todos estes anuncios conteñen polo menos, un dos factores que se sinalaron anteriormente. Todos e cada un deles perpetúan a imaxe da muller como mero obxecto sexual e, algúns deles, incitan á violencia en todas as súas formas chegando ata ao asasinato. Algúns demostran xa que logo, que seguimos inmersos na chamada "cultura da violación" que, lonxe de erradicarse, parece que se fai cada día máis visible a través dos medios de comunicación. A permanente representación de estereotipos de xénero como os que acabamos de ver, axuda á súa perpetuación na sociedade. Cousificar á muller é o primeiro paso para exercer a violencia contra ela.

Conclusións


Une femme se promène dans la rue… OMG, c’est... by positivr
• A teoría sexo-xénero introduce unha reflexión sobre a distinción entre os feitos biolóxicos e os feitos sociais.
• Definimos o concepto de sexo como o conxunto de características físicas, biolóxicas e corporais coas nacen as persoas.
• O xénero pode ser definido como o conxunto de características psicolóxicas, sociais e culturais asignadas ás persoas.
• A socialización de xénero asume os mecanismos de transmisión da dominación masculina, utiliza os roles de xénero transformados en crenzas, costumes e valores diferenciais entre mulleres e homes.
• Os estereotipos sexistas reflicten impresións e crenzas ao redor de cal é o comportamento máis axeitado e correcto para cada un dos xéneros.
• O sexismo maniféstase de diferentes maneiras dentro da nosa sociedade, a través da linguaxe, dos medios de comunicación ou da violencia de xénero.
• A violencia contra as mulleres é unha problemática social que require dunha intervención pública que poña en marcha as políticas e os recursos asistenciais necesarios.
Imagem
IES Chano Piñeiro
Imagem
Web da Equipa de Normalización Lingüística do IES Chano Piñeiro