A escritora Montse Fajardo estivo o día 20 pola mañán no noso centro realizando diversos actos sobre o seu libro. Unha entrevista coas lectoras do Club de Lectura e unha presentación para o alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato. No vídeo podemos ver parte da entrevista do Club de Lectura do IES Chano Piñeiro con Montse Fajardo sobre o seu libro "Invisibles", Xuntanza inserida dentro das actividades polo 25-N pola erradicación da violencia machista. Campaña "Racha o silencio!". Cristina Soto Míguez, Ainara Álvarez Reboredo, Aya Aqid Raddad, Candela Álvarez Abilleira, Inés Álvarez Abilleira, Rocío Canabal Pazos, Lucía Cortizo Fernández
0 Comentários
Seu comentário será publicado após ser aprovado.
Enviar uma resposta. |
Eu son ChaniñoBiblioteca do IES Chano Piñeiro de Terra de Montes. Categories
Todos
Proxecto Brasil
|