Estíbaliz Espinosa uniu este luns en Forcarei música, poesía e feminismo a través do programa da Deputación de Pontevedra "Mulleres en acción. Violencia zero"
A escritora e música Estíbaliz Espinosa foi a protagonista da vixésimo segunda acción desta cuarta edición de "Mulleres en acción. Violencia zero", programa organizado pola Deputación de Pontevedra, que tivo lugar este luns en Forcarei, ás 12.35.horas.
A acción artística 7 constelacións que xa non son invisibles de Estíbaliz Espinosa combinou poesía e música a través da astronomía, buscando a constelación que une ciencia, poesía e muller. Estíbaliz Espinosa é unha artista que escribe poemas e ensaios baixo a aurora da ciencia, nomeadamente a astronomía. Ten publicados 7 libros de poemas, entre eles, Curiosidade (Aira Editorial), As neuronas irmás (Arte de Trobar), Zoomm. Textos biónicos (Xerais), Papel a punto de (El Gaviero).