As cartas de desamor gañadoras foron :
CARTA 1
Ola,escribo estas liñas para ti.
Es unha rapaza que sempre me tratou moi ben, pero dende hai un tempo sinto que o noso xa non funciona como antes e, ao parecer, non queda amor entre nós
Temos que aceptar que entre nós todo se arrefriou e o amor que sentiamos ao principio desvaneceu.
A verdade e que contigo pasei momentos marabillosos, pero creo que debemos coñecer a novas persoas e darlle unha nova oportunidade ao amor.Temos que aceptar que é a fin da nosa relación amorosa, pero non é o final de todo o que existe entre nós.
Necesito que a partir de agora sexamoos simplemente amigas e que, quizais, máis adiante poidamos retomar o noso. Estarei encantada de ser a túa amiga, pero, se decides afastarte de min poderei comprendelo.
Dito isto, debes saber que, pese ás circunstancias, es unha parte moi importante da miña vida e non te quero perder.
CARTA 2
Benquerido amigo:
Escríboche esta carta para dicirche a verdade, pois xa sabes que a timidez é unha das características máis negativas que posúo, ademáis da crítica.
Centrándome agora no tema principal, quería dicirche que o acontecido entre os dous non significa ter que pasar de amigo a inimigo ( o que crearía unha gran tristeza en min ),senón máis ben todo o contrario, é dicir, debemos recordar todas as viaxes, risas, reencontros, aventuras e longas tardes de camiño e esquecer este momento tan incómodo e amargo, como tamén esquecemos as grandes discusións que agora tan só son un día de chuvia no medio dos meses de verán e supuxeron motivos para afianzar aínda máis a nosa amizade.
Agora mesmo , pode que todo isto non che pareza correcto nin xusto, pois a min tampouco mo pareceu en experiencias anteriores do mesmo tipo; pero, co tempo, darasme a razón e entenderás que na frase "Quedamos como amigos" hai moito máis amor concentrado que nun " si" nun altar por exemplo,pois un noivo pode facerche sentir cóxegas na barriga, mais a longo prazo, cansará e pode que che faga moito dano. Non obstante, un amigo sempre estará aí para axudar, consolar, recomendar, apoiar..., en calquera situación e momento; pois un amigo, a fin e ao cabo, é un irmán ,de distinto sangue. Polo tanto, eu quero que ti sexas esa clase de persoa e non a primeira que describín.
Por todo isto quero que recordes que para min " existen moitos tipos de amor, pero o máis puro e duradeiro é o FRATERNAL! "
Con agarimos:
A túa irmá con a de amiga
Os gañadores destas cartas foron dúas alumnas de 1º de BAC. : CRISTINA GIL CASADO e PAULA VÁZQUEZ MARTÍNEZ