O Chaniño
Nas redes
  • Novas
  • Chano
    • Filmes
  • Lecturas
    • Terra de letras
    • Club de lectura
  • Coeducación
    • Aulas de igualdade
    • Estereotipos
    • Publicidade
    • Acoso
    • Violencia
  • Dereitos
    • Declaración Universal dos Dereitos das Persoas
  • Sexualidades
    • A sexuación >
      • Homofobia e transfobia
    • A sexualidade >
      • Clítoris
    • Desexos e prácticas sexuais
    • Prevencións >
      • Embarazos
      • Enfermidades
    • Dereitos sexuais
    • Mitos, leas, dúbidas e erros frecuentes
  • Actividades
    • A boa etapa
    • Chez Chano
    • Flor de toxo
    • Trasteando
    • Proxectos >
      • Brasil >
        • Emigración
      • Mosteiro de Sobrado dos Monxes
      • Santiago de Compostela
    • Patrimonio >
      • Inmaterial
      • Forcarei >
        • Aciveiro (Santa María)
        • Dúas Igrexas (Santa María)
        • Castrelo (Santa Mariña)
        • Forcarei (San Martiño)
        • Meavía (San Xoán)
        • A Madanela de Montes (Santa María Madanela)
        • Millarada (San Amedio)
        • Pardesoa (Santiago)
        • Pereira (San Bartolomeu)
        • Quintillán (San Pedro)
        • San Miguel de Presqueiras (San Miguel)
        • Santa Mariña de Presqueiras (Santa Mariña)
        • Ventoxo (San Nicolao)
      • Beariz >
        • Beariz (Santa María)
        • Lebozán (Santa Cruz)
        • Xirazga (San Salvador)​
      • Cerdedo >
        • Castro (Santa Baia)
        • Cerdedo (San Xoán)
        • Figueiroa (San Martiño)
        • Folgoso (Santa María)
        • Parada (San Pedro)
        • Pedre (Santo Estevo)
        • Quireza (San Tomé)
        • Tomonde (Santa María)
  • Galerías
    • Fotos >
      • Curso 2013/14
      • Curso 2014/15
      • Curso 2015/16
      • Curso 2016/17
      • Curso 2017-18
      • Curso 2018-19
    • Vídeos

Calendario do patrimonio 2021

12/22/2020

0 Comentários

 
Máis un ano o calendario de patrimonio de Terra de Montes. Desta volta dedicada ao patrimonio inmaterial, ás lendas desta comarca. Escollemos unha de cada tipo (fontes, castros, pozos, lagoas, etc...) e para máis abondamento seguimos a recoller de xeito mais extenso na nosa web á que podes acceder desde o código qr que aparece na publicación ou nesta ligazón.
Agracemos ao profesorado e alumnado que colaborou neste proxecto e mesmo de fóra do centro que colaboraron informando ou guiándonos para atopar algunha das xoias da nosa rica tradición oral como nomeadamente subliñamos ao escritor Carlos Solla, quen xunto con outras fontes forneceron achegas para a elaboración deste calendario.
0 Comentários

A que altura está o ceo? Por Jorge Mira

12/4/2020

0 Comentários

 
O coñecido catedrático de Electromagnetismo no departamento de Física Aplicada da Universidad de Santiago de Compostela, Jorge Mira, impartirá unha charla no IES Chano Piñeiro de Forcarei o 3 de decembro, co título ‘A que altura está o ceo?’
Esta actividade enmárcase dentro do I Ciclo de Conferencias Científicas Aida Fernández Ríos que organiza a Deputación de Pontevedra en colaboración coa Real Academia Galega de Ciencias.
0 Comentários

Conmemoración virtual do 25 de novembro

12/4/2020

0 Comentários

 

Poesía contra as violencias machistas

0 Comentários

Día de Rosalía no IES Chano Piñeiro

2/28/2020

0 Comentários

 

Nasín cando as plantas nasen

O día 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, coincidindo coa data do aniversario do seu nacemento, acontecido en 1837. Nesta ocasión , polo tanto, conmemoramos os seus 183 anos.

Rosalía de Castro é, como sabemos, a escritora que inaugura a nosa literatura contemporánea, despois dun longo silencio de 300 anos, os chamados Séculos Escuros. Cando decide publicar a súa primeira obra en galego, Cantares gallegos, en 1863, é consciente de que está iniciando un novo camiño e de que se enfronta á incomprensión e á crítica; pero faille fronte a isto con valentía e decisión. Son varios os obxectivos que a levan a publicar as súas obras:

  • Dignificar a nosa lingua, desprezada polos poderosos.

  • Defender as clases populares, especialmente os labregos, que sofren a miseria e a emigración, a causa dun sistema político e económico inxusto.
  • Reivindicar o papel fundamental das mulleres na sociedade e defender a igualdade entre homes e mulleres, criticando a discriminación por causa de xénero.
  • Defender o noso país fronte ás agresións de que era obxecto, sinalando os culpables.
Un dos elementos que Rosalía vai poñer en valor é a nosa natureza e a nosa paisaxe. Séntese ofendida porque os de fóra se atrevan a dicir que Galiza é un país feo e rudo e por iso na súa obra van aparecer árbores, plantas, herbiñas, flores, froitos..., que actúan como símbolos de identificación co país. Escribiu Rosalía no prólogo de Cantares gallegos:
Mais he aqui que o mais triste nesta cuestión é á falsidade con que fóra de aquí pintan así aos fillos de Galicia como a Galicia mesma, a quen xeralmente xulgan o máis desprezable e feo de España, cando acaso sexa o máis fermoso e digno de alabanza.
[...]

Búrlanse desta Galicia competidora en clima e galanura cos países máis encantadores da terra, esta Galicia onde todo é espontáneo na natureza e onde a man do home cede o seu posto á man de Deus.
Lagos, cascadas, torrentes, veigas floridas, vales, montañas, ceos azuis e serenos [...] non hai pluma que poida enumerar tanto encanto reunido. A terra cuberta en todas as estacións de herbiñas e de flores, os montes cheos de pinos, de robres e salgueiros, os lixeiros ventos que pasan, as fontes e os torrentes derramándose fervedores e cristalinos, verán e inverno, xa polos risoños campos, xa en profundas e sombrizas ondanadas... Galicia é sempre un xardín onde se respiran aromas puros, frescura e poesía... E á pesar disto chega a tanto a fatuidade dos ignorantes, a tanto a indigna preocupación que contra a nosa terra existe, que aínda os mesmos que puideron contemplar tanta fermosura [...] atrevéronse a dicir que Galicia era... un cortello inmundo!!...

Rosalía foi unha pioneira en moitos aspectos, como o feminismo ou a reivindicación da lingua. Pero tamén o foi no ecoloxismo, é dicir, o movemento que defende a conservación da natureza. Ela denunciou en varias ocasións agresións que sufriron os ecosistemas do noso país; en concreto, é moi relevante un poema do ano 1882, en que denunciou a tala dos carballos do bosque de Conxo por mandato do arcebispo de Santiago, para vender a madeira e a leña.
Este ano, na nosa conmemoración, queremos centrarnos neste aspecto da súa obra e o noso proxecto é ter elaborado, para final de curso, un herbario rosaliano, coa axuda do Departamento de Bioloxía. Hoxe falaremos das herbas de San Xoán, que Rosalía menciona, e leremos varios textos en que se fala de herbas, plantas ou árbores. Agradecemos tamén a colaboración do Departamento de Debuxo, pola exposición sobre plantas rosalianas. 
0 Comentários

Os nosos apelidos tamén teñen dereitos

2/10/2020

0 Comentários

 
    Máis ben somos nós os que temos o dereito a vivir en galego, a expresármonos na nosa lingua en todos os ámbitos da vida. E unha parte moi importante deste dereito é o de empregar os nosos apelidos nas súas formas orixinais, correctas e libres de deturpacións.  Do mesmo xeito que moitos topónimos se foron castelanizando á forza,  moitos apelidos galegos tamén foron acastrapados e deturpados.

Cando comezou a deturpación dos apelidos galegos?

    A desgaleguización dos apelidos comezou  a partir da creación dos Rexistros Civís a comezos do século XIX (o primeiro Rexistro é de 1841, só para poboacións grandes; o actual comezou as súas anotacións en 1871). O castelán foi imposto polo Estado Español como única lingua oficial e, polo tanto, a única empregada na documentación escrita. Os escribáns e notarios transformaron ao seu antollo os nosos apelidos para “adaptalos” á lingua oficial. Como vemos, trátase dun proceso relativamente recente. Aínda na actualidade hai moitas persoas cun apelido castelanizado que son coñecidas no seu lugar de orixe pola forma orixinal: persoas apelidadas  Soto ou Otero cuxas familias aínda son hoxe coñecidas polos Soutos de tal sitio ou os Outeiros de tal outro.

Por que os nosos topónimos están regularizados e os apelidos non?

    En canto aos topónimos, foron regularizados e devoltos ás súas formas correctas a partir do ano 1983, coa Lei de Normalización Lingüística, que estableceu que as únicas formas oficiais dos topónimos galegos son as formas autóctonas galegas. É dicir, xa case non hai formas deturpadas na toponimia, pero segue a habelas nos apelidos, que derivan en moitos casos de nomes de lugar. Por exemplo, no concello de Forcarei, na parroquia de Aciveiro, existe un lugar chamado Vilaverde; no entanto, non existe nin unha soa persoa apelidada así neste concello, fronte aos 301 que levan o apelido Villaverde. 

É posíbel volver os nosos apelidos castelanizados á súa forma orixinal?

    A lexislación actual permítenos recuperar as formas auténticas e autóctonas dos nosos apelidos (e tamén dos nomes). A Lei 40/1999 do 5 de novembro (BOE 266, 6/11/1999) autoriza a "regularizalos ortograficamente cando a forma inscrita no Rexistro non se adecúe á gramática e fonética da lingua española correspondente".

Por que hai persoas que se resisten a corrixir o seu apelido castelanizado?

  Hai persoas que se resisten a restaurar a forma correcta do seu apelido, e isto soe acontecer por dúas razóns:
  • Porque supoñen que cambiar a forma do apelido sería unha especie de traizón ou de falta de respecto aos seus devanceiros. Nada máis lonxe da realidade; máis ben é todo o contrario, pois do que se trata é de volver as cousas a como eran realmente. A castelanización dos apelidos supuxo unha manipulación administrativa que non pediu permiso ás persoas afectadas.
  • Porque pensan que quizais o seu apelido teña outra orixe, é dicir, que non sexa galego, e que a forma é correcta tal e como está. Pero o certo é que máis do 95 % da poboación galega é de orixe galega, con apelidos galegos, aínda que alterados.
      Xa é hora de corrixir e restaurar os nosos apelidos deturpados porque forman parte do patrimonio inmaterial do noso país e temos a obriga de transmitírllelos aos nosos descendentes  en condicións dignas.

Como galeguizar o teu nome e apelidos

(cando sexas maior de idade)
  • 1. Na partida de nacemento
   Cómpre ir persoalmente ao Rexistro Civil onde estea rexistrado o teu nacemento. Alí tes que solicitar, en primeiro lugar, unha fe de vida. Unha vez que a teñas, debes presentar no Rexistro unha instancia solicitando que se proceda á galeguización do nome ou dos apelidos, ao abeiro da Lei 40/1999. A esta instancia debe acompañala unha fotocopia do DNI e un certificado de nacemento. Por último, debes solicitar unha certificación deste cambio no Rexistro.
  • 2. No carné de identidade
Dirixes unha instancia á comisaría que che expediu o carné de identidade, solicitándolle que, ao abeiro da Lei 40/1999, se proceda á corrección do nome e/ou dos apelidos, rexistrándoos na súa forma actual. Debes achegarlle conxuntamente a certificación do Rexistro Civil.
  • 3. Na restante documentación de uso persoal
Progresivamente, procedes á galeguización do nome e/ou dos apelidos na restante documentación: carné de conducir, tarxeta do SERGAS, recibos da auga, luz, gas, teléfono, contas bancarias... A tramitación, na maioría dos casos, consiste simplemente en presentar o DNI en que xa figure o nome e apelidos na súa forma galeguizada.
Toda a tramitación é de balde.

    Queres asesoramento ou consultar cal é o teu caso de nome e apelido

Enviar
0 Comentários

Os dereitos LGTBI son dereitos humanos

12/17/2019

0 Comentários

 

10 de decembro. Día internacional dos dereitos humanos

Bicos contra o odio

Desde o departamento de Educación Plástica e Visual fíxose unha intervención na que participou o alumnado deseñando carteis para visibilizar a diversidade dos afectos a través dunha mostra variada de bicos nos que amosamos o noso amor ao amor, e noso odio ao odio, a favor unha sociedade inclusiva e sen discriminacións.
Sobre o papel, na lexislación do nos Estado, avanzouse moito, pero na sociedade todos os días atopamos novas de agresións ou condutas discriminatorias cara as persoas LGTBI. O cal indica o moito que nos queda aínda por facer para lograr a igualdade no noso país.

Por un mundo no que caibamos todas e todos

Dereitos por conquistar
  •     Derrogar as leis que tipifican como delito as relacións sexuais consentidas entre persoas do mesmo sexo (despenalización da homosexualidade).
  •     Recoñecemento gobernamental das relacións entre persoas do mesmo sexo (como o matrimonio entre persoas do mesmo sexo ou unións similares).
  •     Permitir a adopción  homoparental.
  •     Recoñecemento da familia  homoparental.
  •     Leis contra a discriminación, que inclúan como categorías protexidas a orientación sexual, a identidade de xénero e/ou expresión de xénero (en particular no lugar de traballo, o acceso aos bens e servizos, a vivenda e a atención da saúde).
  •     Lexislación contra o acoso escolar e de non discriminación para protexer a nenos e estudantes  LGBT.
  •     Prohibir as "terapias  reparadoras ou de conversión" que tentan cambiar ou reprimir a orientación sexual e a identidade de xénero dunha persoa, en particular en menores de idade.
  •     Dereitos migratorios para parellas do mesmo sexo.
  •     Lexislación contra delitos de odio e o discurso de odio que proporcionen sancións penais pola violencia e a incitación á discriminación motivada por prexuízos contra persoas  LGBT.
  •     Igualdade na idade de consentimento sexual.
  •     Acceso igualitario ás técnicas de reprodución asistida.
  •     Recoñecer a autodeterminación do xénero ás persoas  transxénero, para acceder á modificación legal da súa identidade (nome e sexo rexistral) en documentos oficiais.
  •     Acceso á cirurxía de reatribución de sexo e terapia de substitución hormonal.
  •     Recoñecemento legal e adaptación en documentos oficiais do xénero reatribuído a persoas transexuais.
  •     Permitir a persoas  LGBT servir abertamente nas forzas armadas.
  •     Permitir que persoas que teñen sexo con alguén do seu mesmo sexo poidan doar sangue.
Imagem
Situación internacional a respecto dos Estados nos que se lexisla a prol dos dereitos LGTBI (bermello), nos que son neutrais (en gris), e nos que se lexisla en contra con penas que chegan mesmo até a condena a morte.
0 Comentários

25 de novembro. Día internacional contra a violencia machista

11/24/2019

0 Comentários

 

As paredes do IES Chano Piñeiro lembran a mirada das vítimas e recordan que non debemos apartar nós a mirada desta lacra que debemos erradicar

0 Comentários

A poeta Estíbaliz Espinosa, gran afeccionada á astronomía, interpretou a súa obra "7 constelacións que xa non son invisibles" no IES Chano Piñeiro

9/30/2019

0 Comentários

 
Imagem
Estíbaliz Espinosa uniu este luns en Forcarei música, poesía e feminismo a través do programa da Deputación de Pontevedra "Mulleres en acción. Violencia zero"
A escritora e música Estíbaliz Espinosa foi a protagonista da vixésimo segunda acción desta cuarta edición de "Mulleres en acción. Violencia zero", programa organizado pola Deputación de Pontevedra, que tivo lugar este luns en Forcarei, ás 12.35.horas.
A acción artística 7 constelacións que xa non son invisibles de Estíbaliz Espinosa combinou poesía e música a través da astronomía, buscando a constelación que une ciencia, poesía e muller. Estíbaliz Espinosa é unha artista que escribe poemas e ensaios baixo a aurora da ciencia, nomeadamente a astronomía. Ten publicados 7 libros de poemas, entre eles, Curiosidade (Aira Editorial), As neuronas irmás (Arte de Trobar), Zoomm. Textos biónicos (Xerais), Papel a punto de (El Gaviero).
0 Comentários

Como te apelidas?

9/30/2019

0 Comentários

 

Por que temos apelidos?

Por que temos apelidos?
  • Os apelidos xorden da necesidade de identificar as persoas e vinculalas á súa familia.
  • Constitúen unha parte moi importante do patrimonio inmaterial do noso país.
Cando se orixinaron os nosos apelidos actuais?
  • Na Idade Media.
Que indican os nosos apelidos?
Poden ser de tres tipos:
  • Patronímicos, que identifican as persoas dicindo de quen son fillas.
  • Toponímicos, que identifican as persoas polo seu lugar de procedencia.
  • Caracterizadores, que identifican as persoas por un trazo particular (profesión, aspecto físico, alcume...)
Consulta aquí o significado e a orixe do teu apelido

Proxecto de antroponimia do IES Chano Piñeiro

Se queres coñecer o significado e a orixe do teu apelido indícanolo aquí nos comentarios da web:
0 Comentários

Curta do alumnado do IES recoñecida polo certame PANIC

2/21/2019

0 Comentários

 
Imagem
Alumnado do IES Chano Piñeiro presentou un traballo ao certame de curtas PANIC. Baixo a dirección de David Obelleiro (1º Bach), a edición de Alfonso Alonso (1º Bach). Interviron Eider Espiña (2º Bach.) e Paula Jorge (1º Bach.).
A calidade deste primeiro traballo que fan pode comprobarse aquí nesta páxina, como xa o fixeron os espectadores e espectadoras da Estrada na proxección dos cines dese Concello, tendo moi boa acollida no público.
0 Comentários
<<Anterior
    Imagen
    Imagem

    Eu son Chaniño

    Biblioteca do IES Chano Piñeiro de Terra de Montes.

    Feed RSS

    Categories

    Todos
    Actividades
    Conmemoracións

     Imagem

    Proxecto Brasil

     Imagem
    Imagem
Imagem
IES Chano Piñeiro
Imagem
Web da Equipa de Normalización Lingüística do IES Chano Piñeiro