O Chaniño
Nas redes
  • Novas
  • Chano
    • Filmes
  • Lecturas
    • Terra de letras
    • Club de lectura
  • Coeducación
    • Aulas de igualdade
    • Estereotipos
    • Publicidade
    • Acoso
    • Violencia
  • Dereitos
    • Declaración Universal dos Dereitos das Persoas
  • Sexualidades
    • A sexuación >
      • Homofobia e transfobia
    • A sexualidade >
      • Clítoris
    • Desexos e prácticas sexuais
    • Prevencións >
      • Embarazos
      • Enfermidades
    • Dereitos sexuais
    • Mitos, leas, dúbidas e erros frecuentes
  • Actividades
    • A boa etapa
    • Chez Chano
    • Flor de toxo
    • Trasteando
    • Proxectos >
      • Brasil >
        • Emigración
      • Mosteiro de Sobrado dos Monxes
      • Santiago de Compostela
    • Patrimonio >
      • Inmaterial
      • Forcarei >
        • Aciveiro (Santa María)
        • Dúas Igrexas (Santa María)
        • Castrelo (Santa Mariña)
        • Forcarei (San Martiño)
        • Meavía (San Xoán)
        • A Madanela de Montes (Santa María Madanela)
        • Millarada (San Amedio)
        • Pardesoa (Santiago)
        • Pereira (San Bartolomeu)
        • Quintillán (San Pedro)
        • San Miguel de Presqueiras (San Miguel)
        • Santa Mariña de Presqueiras (Santa Mariña)
        • Ventoxo (San Nicolao)
      • Beariz >
        • Beariz (Santa María)
        • Lebozán (Santa Cruz)
        • Xirazga (San Salvador)​
      • Cerdedo >
        • Castro (Santa Baia)
        • Cerdedo (San Xoán)
        • Figueiroa (San Martiño)
        • Folgoso (Santa María)
        • Parada (San Pedro)
        • Pedre (Santo Estevo)
        • Quireza (San Tomé)
        • Tomonde (Santa María)
  • Galerías
    • Fotos >
      • Curso 2013/14
      • Curso 2014/15
      • Curso 2015/16
      • Curso 2016/17
      • Curso 2017-18
      • Curso 2018-19
    • Vídeos

Comeza o mes das letras no IES Chano Piñeiro

4/27/2016

0 Comentários

 
Este venres 29 de abril, ás 12:35 h. Imos dar comezo ás actividades de conmemoración das letras galegas que este ano renden homenaxe a Manuel María. Neste acto contaremos cun concerto de Mini e Mero, e a intervención do escritor David Otero. Os tres ademais eran grandes amigos do poeta Manuel María, co cal poderán achegarnos a testemuña directa sobre este grande creador galego.
Por outra banda, Mini, comezou a súa carreira docente no concello de Forcarei no que foi un animador cultural.
Mini e Mero é un dúo de cantautores chairegos, formado por Xosé Luís Rivas Cruz (Mini) e Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero), músicos, poetas, mestres e investigadores do folclore e a cultura tradicionais galegos, membros históricos de Fuxan os Ventos e actuais compoñentes de A Quenlla.
Ademais da súa produción discográfica cos devanditos grupos, teñen participado por separado ou conxuntamente noutros discos de música galega, como o Quiquiriqui producido no ano 2006 pola Asociación de Gaiteiros Galegos e en obras teatrais como Pan, catro propostas arredor da malla (creación e adaptación musical súa) e publicado diversos libros.
É salientable o seu labor de recompilación de contos, lendas, refráns, ditos ou poemas, principalmente na súa Terra Chá natal e nas zonas onde exercen o seu traballo de mestres: Mesía (Mero) e Boimorto (Mini).
O arquivo sonoro froito deste labor, e composto por milleiros de cintas magnetofónicas, foi cedido ao Museo do Pobo Galego para a súa dixitalización e incorporación ao Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade, que ha estar dispoñible no web do museo. No campo educativo son autores de diversos libros de texto de ciencias sociais, naturais e lingua galega para o ensino infantil e primario.
O escritor David Otero vive na Estrada, membro fundador do PEN Clube de Galicia, de Galix (Asc. Galega do Libro Infantil e Xuvenil), da Fundación Castelao e da A. C. O Brado, tamén participa na Fundación Alexandre Bóveda, do Pedrón de Ouro, da Asociación Cultural “Vagalumes”, da Asociación dos Amigos dos Pendellos da Golada, de Nova Escola Galega, da Asociación de Escritores en Lingua Galega e de Irimia. Colaborou na autoría de libros de texto en galego nas editoriais Xerais e Galaxia. Foi codirector da colección Árbore de literatura infantil desta última editorial. Colabora tamén con artigos en diversos medios de comunicación
 Imagem
0 Comentários

Seu comentário será publicado após ser aprovado.


Enviar uma resposta.

    Imagen
    Imagem

    Eu son Chaniño

    Biblioteca do IES Chano Piñeiro de Terra de Montes.

    Feed RSS

    Categories

    Todos
    Actividades
    Conmemoracións

     Imagem

    Proxecto Brasil

     Imagem
    Imagem
Imagem
IES Chano Piñeiro
Imagem
Web da Equipa de Normalización Lingüística do IES Chano Piñeiro