O Chaniño
Nas redes
  • Novas
  • Chano
    • Filmes
  • Lecturas
    • Terra de letras
    • Club de lectura
  • Coeducación
    • Aulas de igualdade
    • Estereotipos
    • Publicidade
    • Acoso
    • Violencia
  • Dereitos
    • Declaración Universal dos Dereitos das Persoas
  • Sexualidades
    • A sexuación >
      • Homofobia e transfobia
    • A sexualidade >
      • Clítoris
    • Desexos e prácticas sexuais
    • Prevencións >
      • Embarazos
      • Enfermidades
    • Dereitos sexuais
    • Mitos, leas, dúbidas e erros frecuentes
  • Actividades
    • A boa etapa
    • Chez Chano
    • Flor de toxo
    • Trasteando
    • Proxectos >
      • Brasil >
        • Emigración
      • Mosteiro de Sobrado dos Monxes
      • Santiago de Compostela
    • Patrimonio >
      • Inmaterial
      • Forcarei >
        • Aciveiro (Santa María)
        • Dúas Igrexas (Santa María)
        • Castrelo (Santa Mariña)
        • Forcarei (San Martiño)
        • Meavía (San Xoán)
        • A Madanela de Montes (Santa María Madanela)
        • Millarada (San Amedio)
        • Pardesoa (Santiago)
        • Pereira (San Bartolomeu)
        • Quintillán (San Pedro)
        • San Miguel de Presqueiras (San Miguel)
        • Santa Mariña de Presqueiras (Santa Mariña)
        • Ventoxo (San Nicolao)
      • Beariz >
        • Beariz (Santa María)
        • Lebozán (Santa Cruz)
        • Xirazga (San Salvador)​
      • Cerdedo >
        • Castro (Santa Baia)
        • Cerdedo (San Xoán)
        • Figueiroa (San Martiño)
        • Folgoso (Santa María)
        • Parada (San Pedro)
        • Pedre (Santo Estevo)
        • Quireza (San Tomé)
        • Tomonde (Santa María)
  • Galerías
    • Fotos >
      • Curso 2013/14
      • Curso 2014/15
      • Curso 2015/16
      • Curso 2016/17
      • Curso 2017-18
      • Curso 2018-19
    • Vídeos

Día de Rosalía no IES Chano Piñeiro

2/28/2020

0 Comentários

 

Nasín cando as plantas nasen

O día 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, coincidindo coa data do aniversario do seu nacemento, acontecido en 1837. Nesta ocasión , polo tanto, conmemoramos os seus 183 anos.

Rosalía de Castro é, como sabemos, a escritora que inaugura a nosa literatura contemporánea, despois dun longo silencio de 300 anos, os chamados Séculos Escuros. Cando decide publicar a súa primeira obra en galego, Cantares gallegos, en 1863, é consciente de que está iniciando un novo camiño e de que se enfronta á incomprensión e á crítica; pero faille fronte a isto con valentía e decisión. Son varios os obxectivos que a levan a publicar as súas obras:

  • Dignificar a nosa lingua, desprezada polos poderosos.

  • Defender as clases populares, especialmente os labregos, que sofren a miseria e a emigración, a causa dun sistema político e económico inxusto.
  • Reivindicar o papel fundamental das mulleres na sociedade e defender a igualdade entre homes e mulleres, criticando a discriminación por causa de xénero.
  • Defender o noso país fronte ás agresións de que era obxecto, sinalando os culpables.
Un dos elementos que Rosalía vai poñer en valor é a nosa natureza e a nosa paisaxe. Séntese ofendida porque os de fóra se atrevan a dicir que Galiza é un país feo e rudo e por iso na súa obra van aparecer árbores, plantas, herbiñas, flores, froitos..., que actúan como símbolos de identificación co país. Escribiu Rosalía no prólogo de Cantares gallegos:
Mais he aqui que o mais triste nesta cuestión é á falsidade con que fóra de aquí pintan así aos fillos de Galicia como a Galicia mesma, a quen xeralmente xulgan o máis desprezable e feo de España, cando acaso sexa o máis fermoso e digno de alabanza.
[...]

Búrlanse desta Galicia competidora en clima e galanura cos países máis encantadores da terra, esta Galicia onde todo é espontáneo na natureza e onde a man do home cede o seu posto á man de Deus.
Lagos, cascadas, torrentes, veigas floridas, vales, montañas, ceos azuis e serenos [...] non hai pluma que poida enumerar tanto encanto reunido. A terra cuberta en todas as estacións de herbiñas e de flores, os montes cheos de pinos, de robres e salgueiros, os lixeiros ventos que pasan, as fontes e os torrentes derramándose fervedores e cristalinos, verán e inverno, xa polos risoños campos, xa en profundas e sombrizas ondanadas... Galicia é sempre un xardín onde se respiran aromas puros, frescura e poesía... E á pesar disto chega a tanto a fatuidade dos ignorantes, a tanto a indigna preocupación que contra a nosa terra existe, que aínda os mesmos que puideron contemplar tanta fermosura [...] atrevéronse a dicir que Galicia era... un cortello inmundo!!...

Rosalía foi unha pioneira en moitos aspectos, como o feminismo ou a reivindicación da lingua. Pero tamén o foi no ecoloxismo, é dicir, o movemento que defende a conservación da natureza. Ela denunciou en varias ocasións agresións que sufriron os ecosistemas do noso país; en concreto, é moi relevante un poema do ano 1882, en que denunciou a tala dos carballos do bosque de Conxo por mandato do arcebispo de Santiago, para vender a madeira e a leña.
Este ano, na nosa conmemoración, queremos centrarnos neste aspecto da súa obra e o noso proxecto é ter elaborado, para final de curso, un herbario rosaliano, coa axuda do Departamento de Bioloxía. Hoxe falaremos das herbas de San Xoán, que Rosalía menciona, e leremos varios textos en que se fala de herbas, plantas ou árbores. Agradecemos tamén a colaboración do Departamento de Debuxo, pola exposición sobre plantas rosalianas. 
0 Comentários

Seu comentário será publicado após ser aprovado.


Enviar uma resposta.

    Imagen
    Imagem

    Eu son Chaniño

    Biblioteca do IES Chano Piñeiro de Terra de Montes.

    Feed RSS

    Categories

    Todos
    Actividades
    Conmemoracións

     Imagem

    Proxecto Brasil

     Imagem
    Imagem
Imagem
IES Chano Piñeiro
Imagem
Web da Equipa de Normalización Lingüística do IES Chano Piñeiro