O 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Cada ano dende a celebración do aniversario da morte de Gandhi , no ano 1964, véñense realizando actividades que fomenten a paz.
Foron moitas e variadas as actividades que levamos a cabo no Instituto para traballar os valores que se desprenden desta data conmemorativa. Así como:
- Escoitar a canción " Imagine" de John Lennon
- Recital de poemas por parte do alumnado , onde a paz ten distinto significado
- Visión de videos: " Abrazos" , onde se transforma a violencia en paz
- Representación teatral , alumnos e alumnas de terceiro,cuarto e primeiro de Bacharelato; onde se poden encontrar situacións recoñecibles de non paz e como resolvelas
- Presentación de fotografías presentadas ao concurso da Paz e entrega do agasallo ao gañador
- Karaoke coa canción " No dudaría " de Antonio Flores
- Exposición de libros na biblioteca relacionados coa temática
- Mural sobre frases relacionadas coa paz e non violencia feitas polos alumnos e alumnas de 1º,2º ESO