Hai uns días sufrimos en Galicia, e noutras partes do Estado e de Portugal, uns tráxicos sucesos que conmocionaron á nosa sociedade: o LUME fixo acto de presenza no noso territorio dun xeito devastador, cuns efectos que tardaremos longo tempo en superar.
Dende a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra, centro da Universidade de Santiago de Compostela no que imparten, entre outras titulacións, o Máster en Enxeñaría de Montes e o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, pola estreita relación entre estes títulos e o acontecido, o colectivo de docentes Enxeñeiros de Montes quere contribuir dalgún xeito a superar canto antes este doloroso episodio do noso país.
E entre as medidas que este colectivo está a barallar, en estreita colaboración co Programa “A Ponte” polo que supón de actuación relacionada co alumnado de Ensino Medio, estaría o ofrecemento de impartir charlas no centros. Neste sentido o celebrouse unha conferencia do Enxeñeiro de Montes e catedrático da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC Juan Gabriel Álvarez González cos seguintes obxectivos:
- Informar á xuventude do realmente acontecido coa vaga de lumes de hai uns días.
- Alertar dos efectos que estes sucesos conlevan co paso do tempo.
- Falar sobre as medidas de restauración das zonas afectadas.
- Sensibilizar sobre a importancia de conservar e manter os nosos montes nas mellores condicións.
- Discutir sobre qué medidas de prevención serían as idóneas para que estes terribles sucesos non se repitan.
- E intentar despexar calquera dúbida que xurda entre o público asistente.
Agardamos desde o centro ter contribuído con esta información mellorar a prevención dos incendios forestais.