As persoas de máis idade e de menos da nosa comarca de Terra de Montes tiveron un encontro a redor da Manuel María coa mocidade do noso IES. Nesta conmemoración das letras galegas deste ano a poesía do autor da Terra Chá soaron coa voz dos máis cativos da gardería de Forcarei e dos maiores da residencia.
Ademais de cantigas e bailes sobre letras de Manuel María tivemos un momento para que rapaces e rapazas do Instituto preguntaran aos veteranos e veteranas sobre como foi a súa vida. Foi un encontro que reafirmou a lingua como nexo de transmisión entre as diferentes xeracións, como sedimento no que ao longo dos séculos se foi formalizando o ser do noso pobo.