A lectura de imaxes da para moito. Isto foi o que aprendimos en febreiro na visita guiada ao Sexto Edificio de Pontevedra que nos preparou o seu Gabinete Didáctico. A iconografía foi o fío condutor e explicáronnos dende a imaxenería relixiosa ata o parecido que ten un retablo con unha tira cómica. Traballamos con iconografía moderna, xa que moitos dos símbolos que empregan os nosos heroes ou a publicidade (nos seus logotipos sobre todo) proceden da cultura greco-latina ou medieval. Ben interesante!
Eu son ChaniñoBiblioteca do IES Chano Piñeiro de Terra de Montes. Categories
Todos
Proxecto Brasil
|