O noso IES ten unha especial relación co cinema pola figura que inspirou o seu nome, un veciño da nosa comarca que demostrou que desde Terra de Montes, desde o máis afastado e pequeno dos recunchos do noso país é posíbel crear grandes cousas.
Por iso, cando se puxo en marcha e se consolidou un proxecto como o festival de Cans, desde o Instituto consideramos que debíamos coñecer esta experiencia e apoiar a iniciativa.
Este ano tivemos ocasión por primeira vez en acudir a esta cita e coñecer en directo as tripas deste certame e respirar o glamour dos chimpíns e dos galpóns nos que as estrelas do cinema e os amantes desta arte se dan cita.
Percorremos a aldea e escoitamos as explicacións dos seus organizadores para comprender como é certo o que Chano Piñeiro sostiña, que a cultura e a intelixencia é posíbel e as veces, máis abundante, naqueles espazos onde menos recursos e visibilidade hai. A precariedade fai que se agudice a imaxinación e finalmente conséguese cousas que nos parecían imposíbeis, unha pequena aldea é quen de facer un grande festival de cinema.