10 de decembro. Día internacional dos dereitos humanos
Bicos contra o odio
Desde o departamento de Educación Plástica e Visual fíxose unha intervención na que participou o alumnado deseñando carteis para visibilizar a diversidade dos afectos a través dunha mostra variada de bicos nos que amosamos o noso amor ao amor, e noso odio ao odio, a favor unha sociedade inclusiva e sen discriminacións.
Sobre o papel, na lexislación do nos Estado, avanzouse moito, pero na sociedade todos os días atopamos novas de agresións ou condutas discriminatorias cara as persoas LGTBI. O cal indica o moito que nos queda aínda por facer para lograr a igualdade no noso país.
Sobre o papel, na lexislación do nos Estado, avanzouse moito, pero na sociedade todos os días atopamos novas de agresións ou condutas discriminatorias cara as persoas LGTBI. O cal indica o moito que nos queda aínda por facer para lograr a igualdade no noso país.
Por un mundo no que caibamos todas e todos
Dereitos por conquistar
- Derrogar as leis que tipifican como delito as relacións sexuais consentidas entre persoas do mesmo sexo (despenalización da homosexualidade).
- Recoñecemento gobernamental das relacións entre persoas do mesmo sexo (como o matrimonio entre persoas do mesmo sexo ou unións similares).
- Permitir a adopción homoparental.
- Recoñecemento da familia homoparental.
- Leis contra a discriminación, que inclúan como categorías protexidas a orientación sexual, a identidade de xénero e/ou expresión de xénero (en particular no lugar de traballo, o acceso aos bens e servizos, a vivenda e a atención da saúde).
- Lexislación contra o acoso escolar e de non discriminación para protexer a nenos e estudantes LGBT.
- Prohibir as "terapias reparadoras ou de conversión" que tentan cambiar ou reprimir a orientación sexual e a identidade de xénero dunha persoa, en particular en menores de idade.
- Dereitos migratorios para parellas do mesmo sexo.
- Lexislación contra delitos de odio e o discurso de odio que proporcionen sancións penais pola violencia e a incitación á discriminación motivada por prexuízos contra persoas LGBT.
- Igualdade na idade de consentimento sexual.
- Acceso igualitario ás técnicas de reprodución asistida.
- Recoñecer a autodeterminación do xénero ás persoas transxénero, para acceder á modificación legal da súa identidade (nome e sexo rexistral) en documentos oficiais.
- Acceso á cirurxía de reatribución de sexo e terapia de substitución hormonal.
- Recoñecemento legal e adaptación en documentos oficiais do xénero reatribuído a persoas transexuais.
- Permitir a persoas LGBT servir abertamente nas forzas armadas.
- Permitir que persoas que teñen sexo con alguén do seu mesmo sexo poidan doar sangue.