No IES Chano Piñeiro vimos conmemorando o Día de Rosalía desde que se propuxo pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. Este ano o seu lema é #AbrideAfiestra. E así o fixemos. Desde a xanela que a profesora e alumnado de plástica deseñaron, pasaron un por un alumnos e alumnas que deron voz aos poetas que dirixiron as súas composicións a esta escritora. E Rosalía, escoitando, ao fin inspirada polo acto tamén interviu -interpretada por Leticia Míguez- leunos tamén un texto dirixido á súa vez aos lectores da obra de Rosalía.
Eu son ChaniñoBiblioteca do IES Chano Piñeiro de Terra de Montes. Categories
Todos
Proxecto Brasil
|