O Chaniño
Nas redes
  • Novas
  • Chano
    • Filmes
  • Lecturas
    • Terra de letras
    • Club de lectura
  • Coeducación
    • Aulas de igualdade
    • Estereotipos
    • Publicidade
    • Acoso
    • Violencia
  • Dereitos
    • Declaración Universal dos Dereitos das Persoas
  • Sexualidades
    • A sexuación >
      • Homofobia e transfobia
    • A sexualidade >
      • Clítoris
    • Desexos e prácticas sexuais
    • Prevencións >
      • Embarazos
      • Enfermidades
    • Dereitos sexuais
    • Mitos, leas, dúbidas e erros frecuentes
  • Actividades
    • A boa etapa
    • Chez Chano
    • Flor de toxo
    • Trasteando
    • Proxectos >
      • Brasil >
        • Emigración
      • Mosteiro de Sobrado dos Monxes
      • Santiago de Compostela
    • Patrimonio >
      • Inmaterial
      • Forcarei >
        • Aciveiro (Santa María)
        • Dúas Igrexas (Santa María)
        • Castrelo (Santa Mariña)
        • Forcarei (San Martiño)
        • Meavía (San Xoán)
        • A Madanela de Montes (Santa María Madanela)
        • Millarada (San Amedio)
        • Pardesoa (Santiago)
        • Pereira (San Bartolomeu)
        • Quintillán (San Pedro)
        • San Miguel de Presqueiras (San Miguel)
        • Santa Mariña de Presqueiras (Santa Mariña)
        • Ventoxo (San Nicolao)
      • Beariz >
        • Beariz (Santa María)
        • Lebozán (Santa Cruz)
        • Xirazga (San Salvador)​
      • Cerdedo >
        • Castro (Santa Baia)
        • Cerdedo (San Xoán)
        • Figueiroa (San Martiño)
        • Folgoso (Santa María)
        • Parada (San Pedro)
        • Pedre (Santo Estevo)
        • Quireza (San Tomé)
        • Tomonde (Santa María)
  • Galerías
    • Fotos >
      • Curso 2013/14
      • Curso 2014/15
      • Curso 2015/16
      • Curso 2016/17
      • Curso 2017-18
      • Curso 2018-19
    • Vídeos

Roteiro Castelao en Pontevedra

12/19/2017

0 Comentários

 
     O día 1 de decembro  o alumnado de 1º de bacharelato e de 4º da ESO pasou a mañá en Pontevedra, nunha actividade organizada polo Departamento de Lingua Galega, co obxectivo de realizar o roteiro Castelao e de visitar o Museo, especialmente as salas dedicadas ao xenial artista, político e escritor, que aínda que era rianxeiro de nacemento, sentíase tamén pontevedrés, pois foi na cidade de Pontevedra onde pasou os mellores anos da súa traxectoria vital e profesional. 
      En primeiro lugar, efectuamos a visita guiada ao Museo, en cuxa creación tivo Castelao un papel destacado. Alí visitamos a sala Castelao, onde está exposta parte da obra pictórica e gráfica do autor (non debemos esquecer que aínda unha parte moi importante do seu legado artístico  non está á vista do público).  Alí o guía comentounos diferentes aspectos da vida de Castelao e das súas facetas de pintor, ilustrador, literato, dramaturgo, gravador e político. 
     Ademais, aproveitando a nosa estadía no Museo, visitamos tamén outras salas, como a dedicada ao violinista pontevedrés Manuel Quiroga e tamén a de arqueoloxía, onde quedamos asombrados ollando o Tesouro de Caldas. 
      Despois do Museo, comezamos o roteiro. O guía, que resultou ser ben ameno e simpático, foi seguindo os pasos de Castelao por Pontevedra e falou da figura do artista na cidade, ao tempo que aproveitou para recordar tamén outros fitos da historia pontevedresa. En Pontevedra hai moitos lugares que gardan pegadas da súa relación directa coa vida e a obra de Castelao ao longo dos case 20 anos que pasou alí, sempre comprometido coas actividades culturais e co traballo político en defensa de Galiza.  Ao final da actividade, o Concello de Pontevedra agasallounos a todos e todas cun pequeno libro  onde se explica, con textos e debuxos, o itinerario do roteiro. 
       E, sen tempo para o descanso,  fíxosenos hora de  coller o autobús, porque tiñamos que chegar ao  instituto para o xantar.  Malia o cansazo e a chuvia que nos mollou nalgún  momento, pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas. 
0 Comentários

Seu comentário será publicado após ser aprovado.


Enviar uma resposta.

    Imagen
    Imagem

    Eu son Chaniño

    Biblioteca do IES Chano Piñeiro de Terra de Montes.

    Feed RSS

    Categories

    Todos
    Actividades
    Conmemoracións

     Imagem

    Proxecto Brasil

     Imagem
    Imagem
Imagem
IES Chano Piñeiro
Imagem
Web da Equipa de Normalización Lingüística do IES Chano Piñeiro