Só a lectura nos salva das malas "Compañas"
O 31 de outubro foi o día de celebración do Samaín no noso Centro. Esta festividade procedente da cultura celta da que somos herdeiros en parte, conmemoraba por unha banda o remate do verán e o comezo do outono, e por outra, lembrar aqueles que xa non están con nós no mundo dos vivos. Tamén explícase esta celebración como o día en que os defuntos visitan aos seus familiares nas súas casas, esta variante tamén está vixente en moitas zonas rurais de Galicia, onde o día de Noiteboa se deixa un prato na mesa, e parte da comida que sobra, para que cenen con nós.
Este ano para celebralo ocorréusenos facer unha performance a carón da lenda da Santa Compaña, porque a última hora tivemos unha charla moi interesante sobre ela. A idea partiu dos alumnos e alumnas de 1º da ESO e de parte de 2º Bacharelato, moitos deles participantes do Club de Lectura do noso Centro, co que serviu como actividade de animación á lectura: así a nosa Santa Compaña particular percorreu o corredores e lugares de lecer para levar con ela os que non quería ler e deixar libres aos que lían, rematando por ser atrapada e arrodeada na Biblioteca a mesma Santa Compaña, por todos aqueles que lles gusta ler, captándoa coa lectura dun fragmento do seu libro favorito.