A natureza e a cultura nunha mesma viaxe
O alumnado de 1º da ESO e de 1º de Bacharelato do IES Chano Piñeiro veñen de facer este xoves 9 de novembro a súa visita ao Museo de Historia Natural da USC e ao Museo das Peregrinacións tentando nesta viaxe un contacto motivador e suxestivo ao que no ensino académico temos que estudar en dimensións do ser humano que as veces se nos presentan fragmentadas ou escindidas, a natureza e a cultura, a ciencia e relixión, a investigación e a arte, etc...
O Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela é un centro con fortes potencialidades educativas e sociais. As coleccións deste museo foron conformándose desde mediados do século XIX, maioritariamente con achegas de profesores da Universidade de Santiago de Compostela, de científicos e naturalistas, así como de particulares e institucións.
A súa organización nas bases de datos xerais, que se poden consultar neste portal, é por grandes grupos taxonómicos, a efectos de axilizar e facilitar o acceso á documentación dos exemplares. Así, na mesma colección xeral inclúense exemplares de coleccións históricas e actuais, aínda que nos arquivos e almacéns do museo, cada colección orixinal mantén a súa propia identidade.
Dado que aínda non está finalizada a catalogación das coleccións, a información que se presenta non é completa.
O Museo das Peregrinacións e de Santiago é un museo de Santiago de Compostela centrado no fenómeno universal da peregrinación (con especial atención á xacobea) e no nacemento e desenvolvemento da cidade de Santiago ó redor da catedral e da peregrinación á tumba de Santiago o Maior.
Foi creado en 1951 e declarado Ben de Interese Cultural en 1985, se ben apenas tivo actividade ata 1996. En 2012 ampliou as súas instalacións grazas á integración no museo do antigo edificio do Banco de España, na praza das Praterías, cambiando o nome e constituíndose nun museo descentralizado: está integrado pola Casa Gótica (o museo orixinal), a Casa do Cabido e este novo edificio.