O Chaniño
Nas redes
  • Novas
  • Chano
    • Filmes
  • Lecturas
    • Terra de letras
    • Club de lectura
  • Coeducación
    • Aulas de igualdade
    • Estereotipos
    • Publicidade
    • Acoso
    • Violencia
  • Dereitos
    • Declaración Universal dos Dereitos das Persoas
  • Sexualidades
    • A sexuación >
      • Homofobia e transfobia
    • A sexualidade >
      • Clítoris
    • Desexos e prácticas sexuais
    • Prevencións >
      • Embarazos
      • Enfermidades
    • Dereitos sexuais
    • Mitos, leas, dúbidas e erros frecuentes
  • Actividades
    • A boa etapa
    • Chez Chano
    • Flor de toxo
    • Trasteando
    • Proxectos >
      • Brasil >
        • Emigración
      • Mosteiro de Sobrado dos Monxes
      • Santiago de Compostela
    • Patrimonio >
      • Inmaterial
      • Forcarei >
        • Aciveiro (Santa María)
        • Dúas Igrexas (Santa María)
        • Castrelo (Santa Mariña)
        • Forcarei (San Martiño)
        • Meavía (San Xoán)
        • A Madanela de Montes (Santa María Madanela)
        • Millarada (San Amedio)
        • Pardesoa (Santiago)
        • Pereira (San Bartolomeu)
        • Quintillán (San Pedro)
        • San Miguel de Presqueiras (San Miguel)
        • Santa Mariña de Presqueiras (Santa Mariña)
        • Ventoxo (San Nicolao)
      • Beariz >
        • Beariz (Santa María)
        • Lebozán (Santa Cruz)
        • Xirazga (San Salvador)​
      • Cerdedo >
        • Castro (Santa Baia)
        • Cerdedo (San Xoán)
        • Figueiroa (San Martiño)
        • Folgoso (Santa María)
        • Parada (San Pedro)
        • Pedre (Santo Estevo)
        • Quireza (San Tomé)
        • Tomonde (Santa María)
  • Galerías
    • Fotos >
      • Curso 2013/14
      • Curso 2014/15
      • Curso 2015/16
      • Curso 2016/17
      • Curso 2017-18
      • Curso 2018-19
    • Vídeos

Educación na diversidade afectivo-sexual

Educación no coñecemento do propio corpo, aceptación da propia identidade e gostos, e no respecto pola identidade e gostos dos demais, desde a asunción do feito da diversidade sexual humana.

Texto do botão

O feito sexual humano

Cando se fala de sexualidade todo o mundo pensa en xenitais, e maioritariamente nun só tipo de relación e de orientación. Mais na sexualidade implícase todo o corpo, existen diferentes tipos de relacións e orientacións que fai que teñamos que tratar factores psicolóxicos, afectos, crenzas, prexuízos, gostos, modas sociais, valores, etc... 
O caso é que o feito sexual humano é moi amplo e se ben debemos evitar dispersarnos cando o estudamos, compre ter presente que mesmo no campo máis restrinxido da erótica hai vida máis aló do coito. Hai fantasías, desexos, caricias e en definitiva queda en evidencia que o órgano erótico por excelencia é o cerebro e non o pene ou a vaxina.
Esta limitación aos órganos reprodutores en parte é consecuencia de séculos onde se asociou a sexualidade exclusivamente a esa función, mais tamén pode ser un mecanismo de defensa fronte ao violento e incómodo que puidera ser asumir o impregnado de sexualidade que está o noso entorno e as nosas relacións. Ao afirmar que mentres non se impliquen os órganos xenitais todo é asexuado e alleo ao erotismo, mais iso non é así, e ben que o saben as axencias de publicidade a hora de deseñar as súas campañas.
Tamén tendemos a identificar sexo con orgasmo e dalgún xeito acoutamos niso o obxectivo deste tipo de relacións e subordinamos o demais a iso desprezando calquera outro pracer, sobre todo, esquecendo o máis duradeiro que é o de un ou unha atoparse ben consigo mesmo ou mesma. E iso tamén é sexualidade pois o corpo goza ou non dependendo do significado que ten para un unha relación e non pola relación en si.
O que imos descubrir a medida que estudemos a sexualidade humana é como se desmontan as xerarquías que tiñamos preestablecidas e que a sexualidade de cada quen vai ser un feito único e irrepetíbel (todos somos raros). Isto dá conta da complexidade do tema e para comezar poderíamos facer as seguintes distincións: a sexuación, a sexualidade e a erótica.

Para que serve a educación sexual

Todo o mundo concorda que é preciso previr determinados riscos asociados á sexualidade como son a transmisión de enfermidades e os embarazos non desexados. Agora ben, esa concepción da sexualidade asociada a algo negativo e centrada nas relacións coitais (introdución do pene na vaxina) é reducionista e tampouco serve para ese obxectivo declarado ao non recoñecer un universo máis amplo desas relacións que as que conducen exclusivamente a dito coito e, sobre todo, unha valoración en positivo e con naturalidade da sexualidade que a rescate do silencio, do disimulo, do soterramento e da marxinación. Ámbitos proclives as prácticas de risco que se di pretender evitar.
Así, a educación sexual debe servir para:
  • Aprender a quererse, a valorarse e a gustarse.
  • Aprender a comunicarse, a pedir o que un desexa, a resolver conflitos cando non se desexa o mesmo, a convivir, a asumir condutas cooperativas.
  • Aprender a coñecer o propio corpo.
  • Aprender o relacionado cunha parte importante da nosa vida. Todas as persoas teñen sexualidade e esta dáse en todas as idades.
  • Coñecer o que ten que ver coa concepción e reprodución de cara a elixir ter ou non ter fillos e fillas.
  • Aprender a ser respectuosos e respectuosas cos demais asumindo a diversidade de gostos e orientacións sexuais.
O verdadeiro obxectivo da educación sexual debe dirixirse a que rapaces e rapazas aprendan a coñecerse, aceptarse e expresar a súa erótica de modo que lles resulte satisfactoria.
Desde esta formulación, a educación sexual non se centra tanto nos “perigos” como na expresión dos DESEXOS, no respecto, na comunicación, céntrase no POSITIVO, evitando con iso os “riscos” (Enfermidades de Transmisión Sexual e embarazos non desexados).

COÑECERSE

Debese procurar que tanto rapaces como rapazas aprendan a coñecerse, que saiban como son e como funcionan.
A sexualidade está en todo o corpo, non só nos xenitais, haberá que coñecer todo o corpo, lembrando que os xenitais non o son todo pero tamén forman parte do corpo.
Cando falamos de coñecer, referímonos tamén ás diferenzas, deben aprender que son únicos e irrepetíbeis como homes e como mulleres, non hai dous iguais.

ACEPTARSE

A educación sexual debe pretender que rapaces e rapazas se sintan como verdadeiros homes e mulleres, que aprendan a estar contentos de como son, a sentir que pagan a pena, que son dignos e dignas de seren queridos/as.
Coa educación irnos transmitindo modelos de homes e de mulleres, pero quen sente que queda fóra das “marxes” propostas ten moito máis difícil aceptarse. Para evitar isto, debemos transmitir unhas marxes onde caiban todas as sexualidades.
É máis fácil aceptarse cando un se coñece, cando sabe que a súa calidade de home ou muller non depende de determinados modelos de beleza ou do número de relacións eróticas que tivo.
En definitiva, aprender a aceptarse e ser o máis feliz posíbel sen magoar a ninguén. Se a sexualidade ten que ver con algo tan importante para a vida como son a reprodución, o pracer e as relacións, e tendo en conta que ninguén nace aprendido, unha educación sexual de calidade é fundamental e necesaria para o noso benestar e saúde. Mais tamén é certo que nesta materia, máis que en ningunha outra, do que se trata é de adquirir hábitos, actitudes, valores... e non só contidos.
Sexuación
Sexualidade
Desexos e prácticas
Prevencións
Mitos
Imagem
IES Chano Piñeiro
Imagem
Web da Equipa de Normalización Lingüística do IES Chano Piñeiro