Que é a violencia e que violencias hai?
Calquera tipo de violencia fundaméntase nunha relación de poder onde alguén trata de dominar a outra persoa pola forza, contra a súa vontade; trata de obrigala a que faga o que non desexa, a que se pregue e recoñeza a súa inferioridade e dependencia con respecto a quen exerce a violencia. En todos os casos de violencia as vítimas pasan por un gran sufrimento e todas elas requiren coidado e atención, e todas as persoas agresoras son merecedoras da súa correspondente sanción penal; non obstante, cada tipo de violencia ten as súas peculiaridades. Pretender que toda violencia é igual impide que a violencia de xénero sexa comprendida adecuadamente e poida ser combatida eficazmente.
- Violencia: uso intencional da forza física ou poder contra un/unha mesmo/a, cara outra persoa, grupo ou comunidade e que ten como consecuencia probables lesións físicas, danos psicolóxicos, alteracións do desenvolvemento, abandono e incluso morte.
- Violencia de xénero: dirixida ás mulleres polo mesmo feito de selo, é dicir, por considerar que o sexo feminino é inferior e debe continuar nunha posición de subordinación con respecto ao masculino.
- Violencia familiar: infrinxida por persoas do medio familiar e dirixida, xeralmente, ás persoas máis vulnerables do mesmo: nenos, nenas, persoas anciáns, persoas discapacitadas...
- Violencia doméstica: dirixida á persoa ou persoas que convivan xuntas. Non é preciso que existan lazos familiares.
Violencia contra as mulleres
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas definiu a violencia contra a muller como: "Todo acto de violencia baseado na pertenza ao sexo feminino que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para a muller, así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se producen na vida pública como na vida privada."
Son varias as formas que temos de nos referir a este tipo de condutas, entre outras:

- Violencia contra a muller,
- Violencia de xénero, ou
- Violencia machista.
- É unha violencia de carácter universal, porque se produce en todas as culturas, non entende de fronteiras, de idades nin de etnias.
- É unha violencia de carácter transversal, porque se produce en todas as clases sociais sen distinción de nivel cultural nin posición económica.
Características da violencia de xénero

Trátase dunha violencia que afecta ás mulleres polo mesmo feito de selo. Constitúe un atentado contra a integridade, a dignidade e a liberdade das mulleres, independentemente do ámbito no que se produza.
Enténdese por violencia de xénero calquera acto violento ou agresión, baseados nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes sobre as mulleres que teña ou poida ter como consecuencia un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas de tales actos e a coacción ou privación arbitraria da liberdade, tanto se ocorren no ámbito público coma na vida familiar ou privada. (Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero).
O concepto "violencia de xénero" dá nome a un problema, que ata hai pouco, formaba parte da vida privada das persoas; era considerado un asunto de familia que non debía transcender de portas para fóra e, polo tanto, no que non se debía intervir. Entender a violencia como un asunto privado reforza ás mulleres a unha situación de subordinación respecto do home e implica asumir as relacións de poder historicamente desiguais entre ambos e a través das cales se lexitima ao home a manter o seu status-quo da dominación incluso a través da violencia. Esta percepción contribúe a que as mulleres non denuncien a súa situación por medo, vergoña ou culpabilidade.
A discriminación das mulleres e a violencia de xénero (como a manifestación máis brutal das desigualdades entre homes e mulleres) é un problema que traspasa fronteiras e que está presente na maior parte dos países do mundo coa particularidade de que as vivencias do maltrato son enormemente parecidas en todos os lugares e culturas.
Deben lembrarse que a violencia é unha estratexia de relación aprendida, non é innata. Se isto fose así, todas as persoas serían violentas ou todas as persoas exercerían a violencia da mesma maneira e no mesmo grao; sen embargo, non sempre a empregamos nas nosas relacións: falamos, negociamos, pactamos, tratamos de comprender o punto de vista da outra persoa e finalmente chegamos a un acordo, aínda que non obteñamos o que en principio queríamos.
Os maltratadores son selectivos no exercicio da violencia, o que demostra que son capaces de controlarse en calquera outra situación. Sexan cales sexan as formas en que se manifesta o maltrato, sempre busca un mesmo obxectivo: erosionar a autoestima da muller con fin de que o agresor aumente o seu grao de poder e control sobre ela. Hai moitas formas de violencia contra as mulleres, aquí achegamos algunhas indicacións para poder identificalas.
O maltrato físico é o máis evidente e o máis doado de demostrar; aínda así, non é preciso que se requira atención médica ou que teña efectos visibles no corpo. É moi probable que comece cun simple golpe ou labazada.
O maltrato psíquico é o máis difícil de detectar, dado que as súas manifestacións poden adquirir gran sutileza; non obstante, a súa persistencia no tempo deteriora gravemente a estabilidade emocional, destruíndo a autoestima e a personalidade da muller.
O maltratador considera que a muller é incompetente e que non administra ben ou gasta os cartos en cousas innecesarias, polo que non pode tomar decisións sobre o destino do gasto.

- Violencia física

- Violencia psicolóxica
O maltrato psíquico é o máis difícil de detectar, dado que as súas manifestacións poden adquirir gran sutileza; non obstante, a súa persistencia no tempo deteriora gravemente a estabilidade emocional, destruíndo a autoestima e a personalidade da muller.
- Violencia sexual e abusos sexuais
- Acoso sexual
- O tráfico de mulleres e nenas con fins de explotación
- Violencia económica
O maltratador considera que a muller é incompetente e que non administra ben ou gasta os cartos en cousas innecesarias, polo que non pode tomar decisións sobre o destino do gasto.
Consecuencias do maltrato na saúde da muller que a sofre
Cando fronte aos repetitivos episodios de violencia, e considerando que a situación non vai cambiar, a muller adopta unha actitude pasiva por medo e para evitar que se produza unha nova agresión, incluso maior, cara a ela ou cara aos seus seres queridos, estamos ante o "síndrome da muller maltratada".
A experiencia de maltrato provoca un alto nivel de ansiedade, alteracións psicosomáticas; sentimentos depresivos, disfuncións sexuais, condutas aditivas, dificultades nas súas relacións persoais.
Enrique Echeburúa e Paz del Corral equiparan os efectos que unha muller maltratada pode sufrir ao "trastorno de estrés postraumático", cuxos síntomas e características, sen dúbida, aparecen nalgunhas destas mulleres:

- Síntomas de reexperimentación da situación vivida.
- Evitación persistente de síntomas asociados co trauma e restrición afectiva.
- Síntomas persistentes do aumento da activación fisiolóxica: dificultades para conciliar o sono, irritabilidade,dificultades para concentrarse, etc.
- Angustia por percepción de ameaza real para a propia vida, pánico ante a anticipación da presenza do maltratador, imaxes e lembranzas indesexadas así como pesadelos, hiperactivación fisiolóxica sensación de estar controlada e vixiada constantemente, medo a deixar de ser obxecto de amor, medo a equivocarse, a sufrir e facer sufrir, etc…
- Depresión por percepción de culpabilidade, por evocar esa situación de maltrato, ante o dano que poida xerar o seu estado anímico ao benestar dos fillos/fillas. Autocastigo, tristeza, dor, pena, rabia, desesperanza, fatiga, baixa autoestima, baixa autoimaxe, desmotivación, inseguridade, vergoña, sentimento de inferioridade e medo ao castigo que pode proporcionar a sociedade.
Previr a violencia de xénero na escola
A violencia contra as mulleres é unha problemática social que require dunha intervención pública que poña en marcha as políticas e os recursos asistenciais necesarios. Pero, máis alá disto, tamén é preciso realizar unha prevención e sensibilización desde idades máis temperás.
Na sociedade actual, os mecanismos de discriminación máis importantes que afectan as mulleres no sistema educativo xa non se sitúan no acceso ao sistema, senón na calidade e modalidades de ensino, que impiden unha igualdade real entre os sexos.
O contexto escolar é un dos espazos onde acada unha grande importancia a construción da identidade persoal de homes e mulleres, a construción do seu futuro proxecto de vida. Resulta preciso, entón, adicar unha atención especial á prevención da violencia na etapa escolar.
Nos últimos anos, a violencia de xénero entre adolescentes vai en aumento, polo que podemos concluír que a prevención a estas idades é tardía; a actuación de prevención debería realizarse con anterioridade.
É necesario realizar unha prevención de violencia desde os primeiros anos das nenas e nenos. Neste cometido xogan un papel indiscutible os centros de ensino que deben presentar interrogantes ao redor dos modelos, dos valores e das expectativas de xénero que se ensinan e que se aprenden a través das experiencias educativas. Co achegamento da coeducación ás aulas o profesorado dispón de recursos e mecanismos para actuar ante a problemática da violencia de xénero no contexto escolar.
Educar aos nenos e nenas, desde as idades máis temperás, nunha cultura centrada na resolución pacífica de conflitos, fomentar a empatía e desenvolver unha autoestima equilibrada, son principios que favorecen a desaparición dos prexuízos de xénero que se dan xa desde a escola.
Eliminar ao máximo os estereotipos transmitidos pola cultura patriarcal; polo tanto, ensinar a ‘ser persoa’ en lugar de ensinar a "ser home" ou a "ser muller" e así desterrar mitos como que a agresividade é un trazo masculino, ou pola contra, a submisión, o silencio, a obediencia… son trazos femininos, son obxectivos da coeducación.
Ademais, débese:

- Evitar todo menosprezo cara aqueles rapaces ou homes que non se adaptan ao modelo de masculinidade dominante.
- Evitar todo menosprezo cara aquelas rapazas ou mulleres que non se axeitan ao modelo de feminidade dominante.
- Ensinarlles aos nenos e aos homes a incorporar nas súas vidas as vivencias e expresión dos propios sentimentos e emocións que enriquecen as súas relacións persoais e así favorecer a resolución de conflitos sen recorrer a comportamentos violentos, por medio do diálogo, o acordo, a negociación…
- Desenvolver unha boa autoestima que capacite a nenas e nenos para adoptar unha actitude resolta ante a vida e os seus retos, asumir responsabilidades e enfrontarse con seguridade aos problemas.
O ciclo da violencia de xénero
Por que a tantas mulleres lle resulta difícil saír dunha situación de violencia de xénero?. O maltrato é un proceso cíclico que se inicia pouco a pouco, como un goteo de pequenos episodios que parecen insignificantes pero que non o son.
O ciclo habitual ten as seguintes fases:
Lembra que...

- Acumulación da tensión (agresións verbais e psíquicas) na que a vítima vai percibindo como o agresor vai volvéndose máis susceptible, respondendo con máis agresividade e encontrando motivos de conflito en cada situación.
- Estalido da tensión, na que a violencia se volve máis virulenta, dando cabida á agresión física.
- Lúa de Mel ou Arrepentimento, o agresor pide desculpas á vítima, e trata de amosar o seu arrepentimento. Esta fase vaise reducindo co tempo, sendo cada vez máis breve ata desaparecer.
Lembra que...
- Estás sendo vítima dun maltrato, ti non es responsable.
- O uso da violencia nunca está xustificado.
- Estas agresións repetiranse e agravaranse co tempo.
- Non estás sola. Podes contar coa axuda de especialistas.
Mitos, mentiras e leas sobre o maltrato ás mulleres
Argumentos falsos que se usan para xustificar o maltrato. Ningún deles ten fundamento real máis é certo que funcionan e mesmo hai unha maioría social que cre estas mentiras. Compre combatelas porque en moitos casos serven de coartada para tolerar e "comprender" aos maltratadores e noutros serven para que perdan credibilidade as vítimas.
- Ás mulleres gústalle o abuso senón marcharían.
- O maltrato ás mulleres é algo raro e illado.
- Acontece en familias de baixos ingresos e etnias.
- Non hai maneira de romper coas relacións abusivas.
- Homes adictos ás drogas, parados, con estrés no traballo… son violentos como efecto da súa situación persoal.
- A violencia dentro da casa é un asunto da familia que non debe de saír fóra.
- Cando unha muller di ‘non’ quere dicir ‘si’.
- Os homes son de natureza violenta.
- O home maltrata porque é un enfermo ou un tolo.
- Maltratan porque perden o control.
- Os homes maltratadores fano a consecuencia de teren sufrido malos tratos na infancia.